Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "Turismo devagar"

O REA "Turismo devagar" ten como finalidade achegarnos de xeito motivador á lingua galega e á súa poesía e tradición oral así como proporcionar novos medios para a súa difusión. Do mesmo xeito, procura crear no alumnado unha reflexión sobre a acción do ser humano na cultura, na tradición e no noso patrimonio para que todos eles se conserven no tempo de forma óptima.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información, de xeito que diversificamos o acceso en diferentes formatos e niveis, tentando así chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Para o profesorado que o precise e guste de utilizar este recurso na aula, ofrecemos unha oportunidade de enfoque educativo distinto, presentando unha situación motivadora que inclúe a aprendizaxe da materia de lingua galega e o traballo dos aspectos curriculares propios á etapa educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)