Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Somos persoas instrutoras!"

UD1: "Falamos e coñecémonos!"

UD2: "Investigamos

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.5 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7 20% 32 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "As novas dámolas nós" UD3: "Creamos cousas novas!" CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 - CA3.8 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3: "Turismo devagar"

UD4: "Así me sinto"

UD5: "A beleza da lingua"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9- CA4.5 -CA4.6 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6

22% 30 sesións no segundo trimestre
REA 4: ""Quen é quen?" UD6: "Así son eu" CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 5:  "Un concello para nós" UD7: "Argumentamos e respectámonos" CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "Un, dous, tres, RadioPatio na onda"

UD8: "Somos reporteiras e reporteiros"

UD9: "Os medios de comunicación"

CA2.2 - CA2.4 - CA2.6 - CA2.7 - CA2.8 - CA3.3- CA3.7- CA3.8 - CA3.10 - CA3.11 - CA4.4 - CA6.5 - CA6.5 25% 31 sesións no segundo trimestre

Eixes da proposta didáctica

Os eixes da materia nos que están baseadas as unidades didácticas son:

  • A lingua oral como vehículo de transmisión de emocións a través dos contos e das lendas.
  • A lingua escrita como medio para vivenciar emocións en textos narrativos, recoñecemento da estrutura básica da narración, elaboración de textos narrativos, os determinantes (artigo, posesivo, demostrativo, indefinidos e numerais) e as normas ortográficas acordes ao nivel educativo.
  • A poesía recitada e as cancións, estrutura da linguaxe poética, métrica e rima, a linguaxe poética, ritmo, emocións e recursos literarios e o uso dos pronomes, a coma e o punto.

O feito de traballar sobre esta situación real promove outra forma de facer turismo ca que estariamos a contribuír á consecución dos obxectivos 11, 12 e 13 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 2030, un turismo sostible, de consumo responsable e respectuoso co medio ambiente.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Galega e Literatura" de 5º de Primaria, contextualízase nas unidades 4 (Así me sinto) e 5 (A beleza da lingua). 

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita, 4. Alfabetización mediática e informacional, 5. Educación literaria e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos, nos que se traballa a expresión e comprensión oral e escrita a través de diferentes formatos que inclúen as tecnoloxías da información e a comunicación. Complétanse os contidos cunha breve reflexión sobre os usos da lingua.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.
  • Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
  • Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese. Pronuncia e entoación adecuadas nos distintos contextos, atendendo á particularidade fonética da lingua galega.
  • Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe verbal non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
  • Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
  • Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.
  • Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
  • Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos.
  • Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
              • Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega.
              Bloque 2
              • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
              • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.
              • Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos, en lingua galega.
              Bloque 3
              • Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.

              Bloque 4

              • Valoración dos textos literarios e da literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
              • Recoñecemento e elaboración guiada de textos literarios en prosa ou en verso (contos, lendas, poemas, adiviñas, cancións e teatro), valorando o sentido estético e a creatividade. Distinción entre os diferentes subxéneros. Coñecemento de lendas galegas, españolas e doutros países.
              • Progreso na construción da identidade lectora en textos da literatura galega. Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras de forma acompañada.
              • Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
              • Valoración dos textos literarios e da literatura en calquera lingua, especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
              • Funcionamento da biblioteca da aula ou do centro como escenario de actividades literarias compartidas. Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos.
              • Lectura expresiva, dramatización o interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento.
              • Lectura progresivamente autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura galega adecuados á súa idade e organizados en itinerarios lectores.
              • Creación de textos literarios de maneira libre, en galego e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.
              • Identificación de recursos literarios básicos.
              • Interpretación progresivamente autónoma e compartida das obras literarias en galego a través de conversacións literarias, participando en comunidades lectoras do ámbito escolar e social.
              • Relación entre as obras lidas e outras manifestacións artísticas e culturais do contorno galego.

                                        Bloque 5

                                        • Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
                                        • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
                                        • Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
                                        • Estratexias para a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico a través de observación, transformación de enunciados (substitución, inserción, supresión, cambio de orde, manipulación), formulación e comprobación de hipóteses e contrastes co castelán e con outras linguas.
                                              • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronome e artigo) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.

                                              Bloque 6

                                              Temos claro que o desenvolvemento destes bloques da materia de Lingua e Literatura Galega non debe entenderse de maneira illada e o seu tratamento debe de ser integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados.

                                              Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

                                              Obxectivos Descrición
                                              OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.
                                              OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
                                              OBX 4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
                                              OBX 5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
                                              OBX 7 Ler de maneira autónoma obras diversas seleccionadas atendendo aos seus gustos e intereses, compartindo as experiencias de lectura, para iniciar a construción da identidade lectora, para fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e para gozar da súa dimensión social.
                                              OBX 8 Ler, interpretar e analizar, de maneira acompañada, obras ou fragmentos literarios adecuados ao seu desenvolvemento, establecendo relacións entre eles e identificando o xénero literario e as súas convencións fundamentais, para iniciarse no recoñecemento da literatura como manifestación artística e fonte de pracer, coñecemento e inspiración para crear textos de intención literaria.
                                              OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

                                              A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

                                              Competencias clave Clave dos descritores operativos
                                              Competencia comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL4
                                              Competencia Plurilingüe (CP) CP2
                                              Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2
                                              Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3
                                              Competencia persoal, social, cívica e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2, CPSAA4, CPSAA5
                                              Competencia cidadá (CC)
                                              Competencia emprendedora (CE) CE1
                                              Competencia conciencia e expresións culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3

                                              Feito con eXeLearning (Nova xanela)