Saltar navegación

1. Descrición xeral

Turismo devagar

Este REA (Recurso Educativo Aberto) céntrase na creación de textos a través de distintas actividades e exemplos. Traballaremos no seu conxunto tres tipos de textos: informativo, narrativo e poético utilizando distintos formatos.
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado terá que crear un tríptico turístico para solucionar un problema de turismo masivo que, en primeiro termo, localizamos na cidade de Santiago de Compostela. O produto final poderase extrapolar a outras localidades como, por exemplo, a localidade do alumnado.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Recoñecer os elementos fundamentais de textos narrativos, informativos e poéticos.
  2. Elaborar distintos tipos de textos
  3. Practicar a oralidade e potenciar a expresión oral e escrita
  4. Aprender que é o turismo masivo e cales poden ser as súas consecuencias negativas para a poboación.
  5. Aprender que é o turismo sostible e como concienciar á sociedade sobre a súa importancia.
  6. Traballar os valores da empatía, respecto, responsabilidade, estima propia e tolerancia.
  7. Recoñecer e empregar correctamente os determinantes e signos de puntuación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)