Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que conteñen a unidade didáctica 4 e a unidade didáctica 5 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidad didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
CA3.4: Analizar, de maneira progresivamente
autónoma, o contido e aspectos formais e non
formais elementais de textos escritos e multimodais,
valorando o seu contido, estrutura, calidade,
fiabilidade e idoneidade en función do propósito de
lectura.
Redacta un resumo de textos narrados
con coherencia e claridade
Proba escrita 4 6
CA5.6: Escoitar e ler textos literarios adecuados á
súa idade, que recollan diversidade de autores e
autoras, especialmente da literatura galega,
relacionándoos en función dos temas e de aspectos
elementais de cada xénero literario, e
interpretándoos, e relacionándoos con outras
manifestacións artísticas ou culturais de maneira
acompañada.
Identifica e clasifica textos segundo o seu
formato literario: prosa, poesía.
Proba escrita 4 5
CA5.7: Producir, de maneira progresivamente
autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos
con intención literaria, reelaborando con
creatividade os modelos dados, en distintos soportes
e complementándoos con outras linguaxes artísticas.
Redacta un texto narrativo con intención
literaria, cunha trama e personaxes
definidos.
Proba escrita 4 6
CA5.9: Coñecer os diferentes tipos de textos
literarios da tradición oral: poemas, cancións, contos,
refráns e adiviñas.
Identifica textos literarios narrativos
fronte a textos instructivos ou
informativos
Proba escrita 4 6
CA6.2: Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando no uso das normas
gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de
maneira puntualmente acompañada, estratexias
sinxelas, individuais ou grupais, de planificación,
redacción, revisión e edición.
Elabora textos narrativos en prosa nos
que da voz aos personaxes
Proba escrita 4 6
CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías
gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta
aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha
comunicación máis eficaz.
Identifica os determinantes nun texto
narrativo breve.
Proba escrita 4 8
CA2.1: Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos. Expresa unha valoración emocional sobre
unha breve historia narrada
Táboa de indicadores 4 6
CA2.5: Expresarse oralmente con coherencia para
satisfacer necesidades de comunicación en
diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao
seu nivel a partir de experiencias e interaccións orais
próximas.
Resume un texto narrativo breve, con
vocabulario axeitado.
Táboa de indicadores 4 6
CA3.2: Comprender distintos tipos de textos en
lingua galega valorando a lectura como medio para
ampliar o vocabulario e como gozo persoal.
Interésase polo final de textos narrativos
antes de lelos.
Táboa de indicadores 4 5
CA3.9: Acadar as destrezas e competencias
lingüísticas a través do uso da lingua escrita.
Amosa lectura fluída en textos literarios
narrativos
Táboa de indicadores 4 5
CA4.5: Ler de maneira autónoma textos de diversas
fontes, autores e autoras da literatura galega,
axustados aos seus gustos e intereses avanzando na
construción da súa identidade lectora.
Utiliza regularmente os momentos de
lectura de xeito adecuado
Táboa de indicadores 4 5
CA4.6: Compartir oralmente a experiencia de
lectura participando, de forma autónoma, en
comunidades lectoras de ámbito escolar.
Aporta opinións persoais nos debates
literarios
Táboa de indicadores 4 5
CA5.1: Ler de maneira autónoma textos de diversos
autores e autoras axustados aos seus intereses,
facendo valoracións persoais das obras literarias de
forma guiada para fomentar o gusto pola lectura e
avanzar na construción da súa identidade lectora.
Manifesta preferencias por tipo de
narrativa ou autor/a.
Táboa de indicadores 4 6
CA5.3: Valorar os textos literarios en calquera lingua
e a literatura en xeral e especialmente en lingua
galega, como vehículo de comunicación e como
recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como
fonte de lecer e información.
Rexistra un número de lecturas suficiente,
marcado no comezo de curso.
Táboa de indicadores 4 6
CA5.4: Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas
da aula, do centro e as virtuais, como escenario de
actividades literarias compartidas.
Coñece o funcionamento da biblioteca, e
a súa organización para buscar fondos e
recursos
Táboa de indicadores 4 6
CA5.5: Incorporar a lectura expresiva e a
comprensión e interpretación de textos literarios
narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar.
Participa activamente en representacións
lidas e escenificacións teatrais.
Táboa de indicadores 4 5
CA6.4: Revisar e mellorar os textos propios e alleos
e emendar algúns problemas de comprensión
lectora, de maneira progresivamente autónoma, a
partir da reflexión metalingüística e interlingüística e
usando a terminoloxía básica adecuada.
Revisa e mellora textos narrativos
previamente elaborados
Táboa de indicadores 4 8
CA3.4: Analizar, de maneira progresivamente
autónoma, o contido e aspectos formais e non
formais elementais de textos escritos e multimodais,
valorando o seu contido, estrutura, calidade,
fiabilidade e idoneidade en función do propósito de
lectura.
Analiza a métrica e a rima dun poema. Proba escrita 5 10
CA5.7: Producir, de maneira progresivamente
autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos
con intención literaria, reelaborando con
creatividade os modelos dados, en distintos soportes
e complementándoos con outras linguaxes artísticas.
Produce textos literarios expresando as
súas emocións.
Proba escrita 5 8
CA5.8: Recoñecer e interpretar recursos básicos da
linguaxe literaria e diferenza das principais
convencións formais dos xéneros.
Recoñece algún recurso literario. Proba escrita 5 8
CA6.2: Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando no uso das normas
gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de
maneira puntualmente acompañada, estratexias
sinxelas, individuais ou grupais, de planificación,
redacción, revisión e edición.
Escribe progresivamente sen faltas de
ortografía progresando nas normas
gramaticais.
Proba escrita 5 8
CA6.6: Aplicar os coñecementos sobre as categorías
gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta
aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha
comunicación máis eficaz.
Recoñece algunhas categorías
gramaticais
Proba escrita 5 8
CA2.3: Producir textos orais e multimodais de
maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos
formais sinxelos e utilizando correctamente recursos
verbais e non verbais básicos
Recita poemas de maneira autónoma de
xeito coherente.
Táboa de indicadores 5 8
CA4.5: Ler de maneira autónoma textos de diversas
fontes, autores e autoras da literatura galega,
axustados aos seus gustos e intereses avanzando na
construción da súa identidade lectora.
Le poesía con correcta entoación e ritmo Táboa de indicadores 5 8
CA4.6: Compartir oralmente a experiencia de
lectura participando, de forma autónoma, en
comunidades lectoras de ámbito escolar.
Expresa a súa valoración sobre poemas e
cancións.
Táboa de indicadores 5 7
CA5.2: Compartir a experiencia de lectura, en
soportes diversos, participando en comunidades
lectoras no ámbito escolar ou social.
Comparte a lectura a través de
comunidades lectoras.
Táboa de indicadores 5 7
CA5.3: Valorar os textos literarios en calquera lingua
e a literatura en xeral e especialmente en lingua
galega, como vehículo de comunicación e como
recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como
fonte de lecer e información.
Manifesta preferencias dentro do mundo
da poesía
Táboa de indicadores 5 6
CA5.4: Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas
da aula, do centro e as virtuais, como escenario de
actividades literarias compartidas.
Participa activamente en foros literarios Táboa de indicadores 5 8
CA5.5: Incorporar a lectura expresiva e a
comprensión e interpretación de textos literarios
narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar.
Emprega tono e actitude axeitadas nas
representacións literarias lidas ou
interpretadas.
Táboa de indicadores 5 7
CA5.6: Escoitar e ler textos literarios adecuados á
súa idade, que recollan diversidade de autores e
autoras, especialmente da literatura galega,
relacionándoos en función dos temas e de aspectos
elementais de cada xénero literario, e
interpretándoos, e relacionándoos con outras
manifestacións artísticas ou culturais de maneira
acompañada.
Expresa emocións coa lectura e audición
de textos literarios poéticos e cancións,
con relación ao seu contido.
Táboa de indicadores 5 7
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a situación exacta da actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

    • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou, no seu defecto, axudan a preparar para a súa avaliación.
    • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con "Proba escrita" como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas.
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA3.4 - Analizar, de maneira progresivamente
autónoma, o contido e aspectos formais e non
formais elementais de textos escritos e multimodais,
valorando o seu contido, estrutura, calidade,
fiabilidade e idoneidade en función do propósito de
lectura.
Ler unha nova sobre turismo masificado e facer un pequeno resumo. (Fase 2) Xornal ou noticia dixital e texto escrito.
CA5.6 - Escoitar e ler textos literarios adecuados á 
súa idade, que recollan diversidade de autores e
autoras, especialmente da literatura galega,
relacionándoos en función dos temas e de aspectos
elementais de cada xénero literario, e
interpretándoos, e relacionándoos con outras
manifestacións artísticas ou culturais de maneira
acompañada.
Indagar sobre a biografía dun autor dun determinado xénero proposto. Actividade de verdadeiro /falso sobre unha serie de textos en prosa ou poesía (Fase 2)

Consulta en biblioteca ou dixital da biografía dun autor/a.

Actividade interactiva verdadeiro/falso.

CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente
autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos
con intención literaria, reelaborando con
creatividade os modelos dados, en distintos soportes
e complementándoos con outras linguaxes artísticas.
Creación dunha obra de teatro na que se lle da voz aos personaxes e serve de práctica para o produto final. Facilitar un texto sen puntuacións para colocalas de xeito adecuado. (fase 3) Actividade grupal
CA5.9 - Coñecer os diferentes tipos de textos
literarios da tradición oral: poemas, cancións, contos,
refráns e adiviñas.
Recoñecer distintos tipos de textos en actividade  (formato, recursos empregados,...) (Fase 2) Actividade interactiva escolla multiple.
CA6.2 - Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando no uso das normas
gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de
maneira puntualmente acompañada, estratexias
sinxelas, individuais ou grupais, de planificación,
redacción, revisión e edición.
Elaborar lenda sobre lugar que se promociona no tríptico. Aparece no produto final. (Fase 4) Proba escrita
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías
gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta
aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha
comunicación máis eficaz.
Ler un texto narrativo e identificar determinantes. (Fase 3) Proba escrita
CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos. Actividade vídeo interactivo de escoita dun conto de Eli Ríos.  (Fase 2) Actividade de escoita e reflexión persoal.
CA2.5 - Expresarse oralmente con coherencia para
satisfacer necesidades de comunicación en
diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao
seu nivel a partir de experiencias e interaccións orais
próximas.

A partir dunha series de videos e noticias sobre os problemas do turismo realizar un pequeno resumo das mesmas e realiza unha posta en común relacionada cas posibles solucións aos problemas presentados. (Fase 2)

Actividade individual/grupal.
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos en
lingua galega valorando a lectura como medio para
ampliar o vocabulario e como gozo persoal.
Lectura de poemas, contos pequenos, capítulos de libros de autores galegos, previamente seleccionados.  Lectura de produtos de obradoiros literarios noutros colexios. (Fase2 e 3) Actividade de lectura grupal.
CA3.9 - Acadar as destrezas e competencias
lingüísticas a través do uso da lingua escrita.
Lectura de poemas, contos pequenos, capítulos de libros de autores e autoras galegos, previamente seleccionados. (Fase 3) Actividade de lectura grupal.
CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas
fontes, autores e autoras da literatura galega,
axustados aos seus gustos e intereses avanzando na
construción da súa identidade lectora.
Actividade de procurar autores e autoras galegos relacionados cos homenaxeados das letras galegas (Fase 3) Recopilación de información de xeito escrito ou dixital.
CA4.6 - Compartir oralmente a experiencia de
lectura participando, de forma autónoma, en
comunidades lectoras de ámbito escolar.
Actividade de procura información na biblioteca para realizar un debate literario co libro de Eli Ríos (fase 2) Coloquio grupal e reflexión escrita.
CA5.1 - Ler de maneira autónoma textos de diversos
autores e autoras axustados aos seus intereses,
facendo valoracións persoais das obras literarias de
forma guiada para fomentar o gusto pola lectura e
avanzar na construción da súa identidade lectora.
Actividade de procurar información sobre os autores homenaxeados nas letras galegas (Fase 3) Actividade de búsqueda e selección da información con posterior debate.
CA5.3 - Valorar os textos literarios en calquera lingua
e a literatura en xeral e especialmente en lingua
galega, como vehículo de comunicación e como
recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como
fonte de lecer e información.
Rexistro de lecturas feitas polo alumno nunha táboa persoal. Rexistro escrito persoal.
CA5.4 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas
da aula, do centro e as virtuais, como escenario de
actividades literarias compartidas.
Procura información na biblioteca (traballo cooperativo) para completar a actividade relacionada ca búsqueda de autores homenaxeados nas letras galegas e relacionados ca narrativa e a poesía. (Fase 3) Recopilación de información escrita na biblioteca.
CA5.5 - Incorporar a lectura expresiva e a
comprensión e interpretación de textos literarios
narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar.
Creación dunha obra de teatro na que se lle da voz aos personaxes e serve de práctica para o produto final. Gravación dun diálogo entre un turista e unha persoa que rexenta un establecemento en Santiago. (Fase 3) Actividade oral ou de gravación.
CA6.4 - Revisar e mellorar os textos propios e alleos
e emendar algúns problemas de comprensión
lectora, de maneira progresivamente autónoma, a
partir da reflexión metalingüística e interlingüística e
usando a terminoloxía básica adecuada.
Actividade de produto final: elaboración do texto narrativo (lenda), o poema e as actividades de recomendación. Require unha revisión (coavaliación-titoría entre iguais). (fase5) Proba escrita
CA3.4 - Analizar, de maneira progresivamente
autónoma, o contido e aspectos formais e non
formais elementais de textos escritos e multimodais,
valorando o seu contido, estrutura, calidade,
fiabilidade e idoneidade en función do propósito de
lectura.
Presentación dun poema e indicar o número de sílabas e o tipo de rima tendo 3 oportunidades de resposta (en fase 2 presentación previa dos conceptos de métrica e rima). Poema de Federico García Lorca Madrigal a Cidade de Santiago. Chove en Santiago (fase 2 e fase 3(con outro poema)) Proba escrita multinivel.
CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente
autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos
con intención literaria, reelaborando con
creatividade os modelos dados, en distintos soportes
e complementándoos con outras linguaxes artísticas.
Actividade de produto final: dentro do tríptico elaboración dun poema con temática sobre o turismo poñendo en valor aspectos como o respecto ao patrimonio, o turismo sostible... (Fase 4) Proba escrita.
CA5.8 - Recoñecer e interpretar recursos básicos da
linguaxe literaria e diferenza das principais
convencións formais dos xéneros.
Actividade de resposta múltiple sobre os recursos literarios básicos: metáfora, símil ou comparación, personificación, hipérbole. (Fase 3)  Actividade interactiva selección múltiple.
CA6.2 - Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando no uso das normas
gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de
maneira puntualmente acompañada, estratexias
sinxelas, individuais ou grupais, de planificación,
redacción, revisión e edición.
Actividade de produto final gravación audacity: dentro do tríptico elaboración dun poema con temática sobre o turismo poñendo en valor aspectos como o respecto ao patrimonio, o turismo sostible, elaboración dun conto texto narrativo situado en Santiago e conxunto de actividades que se poden realizar en Santiago fóra das habituais... (Fase 4). Proba gravada.
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías
gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta
aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha
comunicación máis eficaz.
Actividade de analiza morfolóxicamente as seguintes palabras (pequeno resumo previo de que son cada palabra). Facilitar un texto sen puntuacións para colocalas de xeito adecuado. (fase 3)  Actividade interactiva despregable ou verdadeiro/falso.
CA2.3 - Producir textos orais e multimodais de
maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos
formais sinxelos e utilizando correctamente recursos
verbais e non verbais básicos.
Recitar un poema dentro dunha obra de teatro que supón un traballo colaborativo e práctica para o produto final (fase 3) Proba oral dentro da actividade grupal
CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas
fontes, autores e autoras da literatura galega,
axustados aos seus gustos e intereses avanzando na
construción da súa identidade lectora.
Actividade de produto final gravación audacity: dentro do tríptico elaboración dun poema con temática sobre o turismo poñendo en valor aspectos como o respecto ao patrimonio, o turismo sostible... (fase 4) Proba gravada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)