Temporalización do REA
Este REA está formado polas unidades didácticas 4 e 5 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 30 sesións ao longo do segundo trimestre.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. É posíbel outro turismo? (Mobilizar) |
1. 1 Aquí non se pode vivir! 1.2 Aquí si podemos vivir! 1.3 Que podemos facer? Pasaporte lector |
Sesións de motivación e presentación da tarefa. Introdución das temáticas a desenvolver. | 2 sesións |
|
2. Que lembramos? (Activar e recordar) |
2. 1 A Narrativa 2.2 A poesía 2.3 Diferenzas evidentes? Diario de aprendizaxe |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos | 4 sesións |
|
3. Mans á obra! (Explorar, revisar e estructurar) |
3.1 Ter ideas nunca viu mal. 3.2 Practicamos para o reto. 3.3 De repaso Pasaporte lector Diario de aprendizaxe |
Sesións con actividades de busca de información e interactivas, para desenvolver de xeito oral ou escrito e facer o seguemento individual na guía de aprendizaxe. | 10 sesións |
|
4. Imos a polo reto (Aplicar e comprobar) |
4.1 Reto 1: Creación Narrativa 4.2 Reto 2: Creación Poética 4.3 Reto 3: Creación de textos informativos 4.4 Contido extra Diario de aprendizaxe |
Sesións dirixidas á realización dos retos finais propostos que son actividades de planificación, construción e aplicación dos novos aprendizaxes adquiridos. | 12 sesións |
|
5. Conclusión (Concluír e comunicar) |
5. 1 Presentamos o reto 5. 2 Avaliamos o reto Diario de aprendizaxe |
Sesións dirixidas á esposición e avaliación final dos produtos acadados, presentación do tríptico final e coavaliación da do resto de compañeiros. |
2 sesións |