Saltar navegación

3. Guía de uso

El escarabajo escolar

O REA "El Escarabajo Escolar" ten como finalidade ensinar ao alumnado a realizar un programa de televisión estilo magacín divulgativo a través da procura de noticias, facendo que o alumnado traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu día a día, dado que se atopan expostos a este tipo de programacións nos seus fogares.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que se presenta o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda o funcionamento dun programa de televisión co equipo humano pertinente e, ao mesmo tempo, vaia integrando diferentes coñecementos arredor dos textos escritos (textos informativos), neste caso, as noticias. Enriquecendo, ademais, esta información con traballo específico tanto en gramática como en ortografía, aspectos que axudan a mellorar a expresión e a comprensión escrita. 

Así pretendemos que o profesorado que queira utilizar este recurso na aula, teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe que mesturan a área principal de Lingua Castelá e Literatura cunha temática das que se abordan tamén na área de Ciencias da Natureza. Esta relación pretende facer que o profesorado poida traballar de maneira transversal ambas áreas e nutrirse das actividades que se realizan de forma simultánea.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)