Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica, centrada nas noticias e na creación dun programa de televisión coa temática do medioambiente, desenvólvese arredor de diferentes eixes, nos que alumnado terá que acadar variados aprendizaxes e habilidades, que o irán encamiñando á consecución das competencias clave.

Comprensión e análise de noticias en diversos medios, no que o alumnado terá que:

  • Identificar as características das noticias (titular, entradilla, corpo...) e os tipos de noticias segundo a súa temática (medioambiental, política...).
  • Comprender o propósito e as funcións que teñen as noticias na sociedade na que vivimos.
  • Coñecer o propósito dos medios de comunicación.
  • Aprender a identificar a veracidade dos contidos que aparecen nas noticias contrastando a información en diferentes fontes.

Comprensión de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Desenvolver habilidades para comprender textos de diversa índole, inferir significados e recoñecer detalles.
  • Aprender a extraer a información principal dunha noticia usando técnicas de lectura rápida, palabras chave, etc.
  • Comprender o que están lendo en relación ao REA á hora de poder realizar reflexións, exercicios concretos que se lles solicita, etc.

Produción de textos escritos, no que o alumnado terá que:

  • Practicar a escritura de noticias a partir das estruturas proporcionadas pola persoa titora.
  • Desenvolver habilidades na redacción, de tal xeito que a información a transmitir sexa clara, concisa, obxectiva, estea contrastada e non presente linguaxe discriminatoria.
  • Fomento da creatividade á hora de elaborar a noticia de cada sección.

Comprensión de textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Extraer información para a realización de exercicios máis concretos relacionados co uso dos signos de puntuación, realización dunha boa exposición oral, ...

Produción de textos orais, no que o alumnado terá que:

  • Aprender técnicas de exposición oral á hora de transmitir ao público a noticia da súa sección.
  • Practicar a dicción, entoación e a fluidez previas á hora de realizar a gravación.
  • Traballar en equipo de forma cooperada, de forma que todos os presentadores da noticia sigan unha mesma liña.

Produción de contidos audiovisuais e uso de ferramentas TIC, na que o alumando terá que:

  • Aprender quen forma parte do equipo humano de televisión e como se van dividir eses roles nas distintas gravacións.
  • Aprender o manexo básico dun editor de vídeo para a montaxe do programa.
  • Saber buscar material con licenzas libres para o programa, de tal forma que se respecten os dereitos de autor.

Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real, en concreto, o ODS 12, que ten como obxectivo garantir un consumo e produción sostible. Para iso, a través deste REA traballamos con información relativa ao excesivo lixo que producimos, ás dificultades para a súa reciclaxe e tentamos que o alumnado se vaia concienciando do problema desta sobreprodución e, dalgún xeito, sexan quen de tomar decisións que favorezan cambios no seu comportamento como consumidores, así como poder recoñecer aquelas empresas que teñen presente este obxectivo no seu xeito de producir.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de PROENS para a área de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Educación Primaria, contextualízase na unidade didáctica número 9 que leva por nome "Ler e escribir nas pantallas". É importante mencionar, que se trata da última unidade da materia, polo que alumnado terá que integrar o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase principalmente nos bloques:

  • Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
  • Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
  • Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Propóñense un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.
  • Bloque 6: Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodales, incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.
Contidos Bloque da materia
  • C2.4 - Procesos: comprensión oral
    • C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • C2.4.3 - Estratexias de identificación e interpretación do sentido global, da información relevante e da integración da información explícita de textos sociais orais e multimodais.
    • C2.4.5 - Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
  • C2.5 - Procesos: produción oral.
    • C2.5.1 - Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.
    • C2.5.2 - Construción, e comunicación e valoración crítica de coñecemento mediante a produción relativamente autónoma de textos orais e multimodais.
Bloque 2 
  • C3.2 - Xéneros discursivos
    • C3.2.6 - Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora
    • C3.3.2 - Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión de textos escritos.
Bloque 3
  • C4.8 - Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
Bloque 4
  • C6.11 - Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
Bloque 6

No que respecta aos obxectivos, este recurso céntrase nos seguintes:

Obxectivos

Descrición
OBX 4
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos
OBX 6
Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX 9
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
OBX 10
Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP2, CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA, CPSAA4, CPSAA3, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE3
Competencia en conciencia y expresiones culturales (CCEC)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)