Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizarse en 16 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada no aplicativo PROENS  para a área de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Educación Primaria,  englóbase no terceiro trimestre, sendo esta a unidade final.

A continuación inclúese a temporalización recomendada para cada fase deste recurso. É importante lembrar que esta temporalización pode variar dun grupo a outro:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. ¿Naturaleza o basuraleza?

1.1. Nos informamos

1.2. Nos organizamos

1.3. Diario de aprendizaje

Preténdese captar a atención do alumnado usando como fío condutor a temática do medioambiente, en concreto o problema que supón a excesiva produción de lixo.

Nesta primeira fase comezarán a reflexionar sobre as nosas accións no planeta, coñecerán que van a ser os protagonistas do REA ao terse que converter en periodistas dun magacín, e tamén van coñecer os pasos a seguir ao longo do reto.

1

2. ¿Qué sabemos?

2.1. Hacemos memoria

2.2. Resumiendo...

2.3. Cuidamos la ortografía

2.4. Diario de aprendizaje

O alumnado comezará coa activación dos coñecementos previos sobre aspectos relacionados coa televisión, de tal forma que poidan facer un mapa mental do seu futuro magacín e saiban responder a diversas cuestións sobre o lido.

Tamén recordarán aspectos gramaticais e ortográficos doutros cursos, como as clases de palabras que hai, os tipos de signos de puntuación e o seus usos, así como a analizar se un texto escrito ten ou non coherencia, presenta erros, ten vocabulario accesible, etc.

3. Creando...3, 2, 1

3.1. La noticia de la sección

3.2. Gramática manipulativa

3.3. Ortografía

3.4. Diario de aprendizaje

O alumnado iniciará o traballo cos contidos desta unidade, dende a gramática, pasando pola ortografía así como pola tipoloxía de texto, reflectidos na unidade de PROENS. Ao final de cada parte teórica atoparán actividades variadas, relacionadas cos contidos lidos.

En primeiro lugar traballarán coa noticia que levarán á súa súa sección do magacín: que é unha noticia, as súas partes,etc.

A continuación, centraranse nos aspectos gramaticais relacionados cos adverbios, preposicións e conxuncións.

Finalmente, adicarán tempo ao signos de puntuación, específicamente: punto e coma (;), dous puntos (:) e puntos suspensivos (...).

6
4. ¡Todos al plató!

4.1. ¿Quién hay ahí?

4.2. Alto y claro

4.3. Diario de aprendizaje y rúbrica

O alumnado comezará a traballar no reto desta situación de aprendizaxe. Para iso terán que aprender certos aspectos sobre o mundo televisivo: quen forma parte do equipo humano nun programa de TV, como se realiza unha boa exposición oral e que fases se precisan á hora de realizar unha produción.

Toda esta teoría irá despois reflectida na realización práctica deste reto, xa que eles mesmos conformarán o seu equipo humano con roles, dividirán o traballo de produción e gravarán o programa.

7
5. Visionamos

5.1. Semáforo

5.2. El reto a examen

5.3. Rúbrica

5.4. Diario de aprendizaje

O obxectivo desta última fase é a avaliación. Tras a finalización do reto, o alumnado realizará unha autoavaliación de todo o aprendido e das súas dificultades; avaliarán o produto final, a súa sección do magacín, utilizando unha lista de cotexo e, por último, farán unha coavaliación sobre o traballo en equipo. No seu Diario de aprendizaxe poderán achegar propostas de mellora.

2

Feito con eXeLearning (Nova xanela)