Criterios de avaliación e mínimos de consecución
A continuación aparecen reflectidos os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación en base á proposta do aplicativo PROENS para esta materia en 5º de Educación Primaria.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.6 - Valorar os medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e experiencias doutras persoas. |
Respecta os medios de comunicación como transmisores de información. |
TI |
9 |
15 % |
|
CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal acompañada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero. |
Rexeita os usos lingüísticos que se poidan producir nos medios de comunicación. |
TI |
9 |
15 % |
|
CA3.3 - Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. |
Explica por escrito a información obtida en noticias sinxelas. |
PE (Non incluída no REA) |
9 |
20 % |
|
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. |
Emprega o pensamento crítico para rexeitar posibles discriminacións que poidan existir na prensa escrita, a través da valoración dun texto de prensa seleccionado. |
PE (Non incluída no REA) |
9 |
15 % |
|
CA4.4 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable no uso das tecnoloxías dixitais da información e comunicación para a procura e tratamento da información de modo eficiente e responsable. |
Amosa hábitos seguros en internet. |
TI |
9 |
15 % |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Recoñece algunhas categorías gramaticais, especialmente as preposicións, conxuncións e adverbios. |
PE (Non incluída no REA) |
9 |
20 % |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||