El escarabajo escolar
Este REA (Recurso Educativo Aberto) correspóndese coa unidade 9 da área de Lingua Castelá e Literatura (unidades modelo en PROENS), e está relacionado de forma transversal coa unidade 5 sobre "Enerxía e materia" da área de Ciencias da Natureza. Está deseñado co fin de que o alumnado integre a aprendizaxe teórica cunha aprendizaxe vivencial, arredor da prensa escrita en distintos soportes. Na situación de aprendizaxe, o alumnado deberá gravar o seu primeiro programa tipo "magacín divulgativo" con distintas seccións sobre o medioambiente.
Estudarán as noticias como parte de textos dentro da prensa escrita, repasarán os tipos de palabras invariables e como usar correctamente os signos de puntuación á hora de realizar unha boa redacción, así como as palabras compostas que tantas veces usamos no noso día a día.
Para o desenvolvemento dos contidos deste REA, tan importante é o traballo individual como o traballo en grupo, favorecendo as relacións interpersoais, a xestión de conflitos e a consecución de acordos e de metas en colaboración.
As metas de aprendizaxe son:
- Coñecer e traballar con diferentes medios de comunicación e información, tanto escritos como orais.
- Crear un programa de televisión con seccións, elaborando o guión minutado.
- Resumir por escrito noticias simples, aprendendo as mellores estratexias de planificación e redacción.
- Identificar posibles usos discriminatorios da linguaxe que poidan existir na prensa escrita.
- Recoñecer algunhas categorías gramaticais, especialmente as preposicións, as conxuncións e os adverbios.
- Coñecer e integrar palabras compostas.
- Coidar a ortografía e o uso dos signos de puntuación nos seus escritos.