Saltar navegación

3. Guía de uso

El juego a través de los siglos

O REA "El juego a través de los siglos" ten coma finalidade ensinar ao alumnado a realizar un debate na aula, procurando argumentos a través da realización de entrevistas e busca complementaria de información na biblioteca escolar, facendo que o alumnado traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu día a día, dado que se atopan expostos a este tipo de xogos nos seus fogares e nos centros educativos.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á mesma en variados formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda o funcionamento dos debates cos roles que forman parte del así como a teoría arredor dos textos argumentativos, informativos e de opinión e todo o relacionado coas entrevistas (teoría, tipos, estratexias...). Con esta información e un repaso e aprendizaxe de elementos gramaticais e ortográficos que poden ser aplicados nestes textos, o alumnado poderá utilizar esos coñecementos na realización do seu propio debate.

Así pretendemos que o profesorado que queira utilizar este recurso na aula, teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe, que mestura a área principal de Lingua Castelá e Literatura cunha temática das que se abordan tamén nas áreas de Ciencias Naturais, Educación Física e Ciencias Sociais. Esta relación pretende facer que o profesorado poida traballar de maneira transversal varias áreas e nutrirse das actividades que se realizan de forma simultánea.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)