Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, agrupándose as 9 unidades didácticas en 6 REA.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: “Ciberagentes en acción”

UD1: Cantas cousas teño que contarche!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10 %

1ºT- 32 sesións

UD2: No papel está todo escrito

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10 %

REA02: “Cazando bulos”

UD3: Leo para coñecer, para saber, para aprender, para gozar

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10 %

1ºT- 16 sesións

REA03: ¡Salvemos el planeta!

UD4: Narrando historias

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

12 %

2ºT- 31 sesións

UD6: Vou escribir o que me pasa

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

12 %

REA04: ¡Tú sí que vales!

UD5: Versos e poesía

CA3.3, CA3.4, CA4.5, CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

12 %

2ºT- 15 sesións

REA05: El juego a través de los siglos

UD7: Podemos entendernos

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12 %

3ºT- 30 sesións

UD8: Que pensas ti? Que penso eu?

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12 %

REA06: El escarabajo escolar

UD9: Ler e escribir nas pantallas

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

13 %

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área de Lingua Castelá e Literatura, de 5º de primaria:

  • Prácticas discursivas.
  • Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. 
  • Produción e comprensión lingüística: fomentar a capacidade de expresarse por escrito de xeito claro e coherente, desenvolvendo a ortografía, a gramática e a redacción. Implica o estudo e aplicación de regras gramaticais e ortográficas.
  • Funcionamento da lingua e os seus usos: aprender a analizar e comprender textos informativos, así como textos multimedia (vídeos, presentacións, podcasts,...), desenvolvendo habilidades críticas.

Estes eixes teñen presente o elemento básico do currículo, os obxectivos da área, que identifican que queremos que o alumnado faga, como queremos que o faga e para que queremos que o faga e cuxa finalidade é concretar e vertebrar a contribución da área de Lingua Castelá e Literatura aos obxectivos xerais de etapa e ao desenvolvemento do perfil de saída.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de PROENS para a área de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria, contextualízase nas unidades didácticas números 7 e 8, que levan por nome "Podemos entendernos" e "Que pensas ti? Que penso eu?". É importante mencionar, que se trata da antepenúltima e penúltima unidades da materia, polo que alumnado terá que integrar o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase principalmente nos bloques:

  • Bloque 1: As linguas e os seus falantes. Busca, a través dos criterios de avaliación e contidos deseñados, familiarizar ao alumnado coa diversidade cultural e lingüística da súa contorna, favorecendo a reflexión interlingüística, a identificación e o recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos e a valoración da diversidade cultural. O uso dunha linguaxe, verbal e non verbal, non discriminatorio, respectuoso coas diferenzas e coa perspectiva de xénero constitúe outro dos núcleos importantes de aprendizaxe.
  • Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral, o uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
  • Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
  • Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Proponse un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.
  • Bloque 6: Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.

Contidos

Bloque da materia

  • C5 - Estratexias de recoñecemento de abusos de poder e prácticas discriminatorias pola linguaxe, a través da reflexión grupal.
  • C6 - Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero.

Bloque 1

  • C2.2 - Xéneros discursivos
    • C2.2.2 - Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información). 
    • C2.2.3 - Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións.
    • C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • C2.3 - Procesos: interacción oral
    • C2.3.1 - Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, expoñer ideas.
    • C2.3.2 - Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias de cortesía lingüística.
    • C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
    • C2.3.4 - Estratexias de escoita activa e asertiva para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria, con propostas propias e tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • C2.4 - Procesos: comprensión oral
    • C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • C2.4.4 - Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • C2.5 - Procesos: produción oral
    • C2.5.2 - Construción, e comunicación e valoración crítica de coñecemento mediante a produción relativamente autónoma de textos orais e multimodais. 
    • C2.5.3 - Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 2

  • C3.2 - Xéneros discursivos
    • C3.2.2 - Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación breve.
    • C3.2.4 - Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos.
    • C3.2.6 - Construción do pensamento crítico a través da lingua para evitar a discriminación.
  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora
    • C3.3.2 - Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión de textos escritos.
    • C3.3.3 - Elementos gráficos, textuais e paratextuais progresivamente complexos que favorecen a comprensión antes, durante e despois da experiencia lectora.
    • C3.3.5 - Valoración da lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
    • C3.3.6 - Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos), desenvolvendo unha valoración crítica destes.
    • C3.3.7 - Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización desta como fonte de información e lecer.
    • C3.3.9 - Estratexias para detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica en textos escritos.
  • C3.4 - Procesos: produción escrita
    • C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada e con intención comunicativa e creatividade.
    • C3.4.2 - Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais de relativa complexidade, con distintos propósitos comunicativos.
    • C3.4.6 - Elementos gráficos e paratextuais sinxelos que faciliten a organización e claridade do texto.
    • C3.4.7 - Valoración da propia produción escrita e da produción escrita dos compañeiros e compañeiras.
    • C3.4.8 - Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 3

  • C4.6 - Comunicación creativa do coñecemento, con recoñecemento da autoría e respecto pola propiedade intelectual.

Bloque 4

  • C6.8 - Estratexias de revisión e modificación de textos para mellorar a súa comprensión a través do uso de recursos lingüísticos apropiados.
  • C6.9 - Estratexias elementais para o uso progresivamente autónomo de dicionarios, en distintos soportes.
  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
  • C6.13 - Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario a través dos textos.

Bloque 6

No que respecta aos obxectivos, este recurso centrase nos seguintes:

Obxectivos Descrición Unidade

OBX 3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas. 7-8

OBX 4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos. 7

OBX 5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas. 8
OBX 6 Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual. 7-8
OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita. 7-8
OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe. 7-8

A continuación inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia Plurilingüe (CP)

CP2, CP3

Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2, CD3, CD4

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2, CC3

Competencia emprendedora (CE)

CE1, CE3

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)