Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizarse en 32 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada no aplicativo PROENS para a área de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de Educación Primaria, englóbase no terceiro trimestre, ocupando as antepenúltima e penúltima posicións.
A continuación inclúese a temporalización recomendada para cada fase deste recurso. É importante lembrar que esta temporalización pode variar dun grupo a outro:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Los juegos |
1.1. El reto 1.2. Organización 1.3. Diario de aprendizaje |
Preténdese captar a atención do alumnado usando como fío condutor a temática dos xogos. Nesta primeira fase comezarán a reflexionar sobre os xogos que son coñecidos polo nome de "tradicionais ou populares", coñecerán que van ser os protagonistas do REA ao terse que converter nos participantes dun debate, e tamén van coñecer os pasos a seguir ao longo do reto. |
3 |
| 2. El juego de la lengua |
2.1. Más conocimientos previos 2.2. ¿Discutir o debatir? 2.4. Diario de aprendizaje |
O alumnado comezará coa activación dos coñecementos previos sobre aspectos relacionados co uso da linguaxe inclusiva á hora de expresarnos xa non soamente de forma oral senón tamén de forma escrita. Tamén recordarán aspectos gramaticais e ortográficos doutros cursos como a análise dos verbos, os xentilicios, a formación de aumentativos e diminutivos así como o uso de G/J. |
4 |
| 3. Construyendo los argumentos |
3.1. Entrevistamos 3.2. Investigamos 3.3. Argumentamos 3.4. Gramática manipulativa 3.5. Ortografía 3.6. Las 4 estaciones gramaortográficas 3.7. Diario de aprendizaje |
O alumnado comezará a traballar de cheo nos contidos desta unidade: dende a gramática, pasando pola ortografía así como pola tipoloxía de texto reflectida nas unidades de PROENS. Ao final de cada parte teórica atoparán actividades relacionadas cos contidos propostos. En primeiro lugar traballarán coa entrevista, aprendendo os tipos que existen, quen participa, etc. para despois realizar unha breve práctica. A continuación, e como forma de complementar a información, familiarizaranse coa procura de información na súa biblioteca escolar a través do coñecemento e manexo dos códigos CDU. Despois, centraranse na tipoloxía textual, neste caso facendo fincapé nos textos argumentativos, posto que o reto do REA vai a ser o debate. E finalizarán aprendendo, afianzando e practicando aspectos gramaticais ao redor do verbo; a maiores de aspectos ortográficos como o uso de G/J, a transformación de palabras usando sufixos aumentativos ou diminutivos ou a correcta expresión da procedencia de alguén, usando os xentilicios. |
16 |
| 4. Debate en juego |
4.1. Los roles 4.2. Puesta en escena 4.3. Diario de aprendizaje |
O alumnado comezará a traballar no reto desta situación de aprendizaxe. Para iso terán que aprender certos aspectos sobre o debate: elementos e roles que o forman. Toda esta teoría irá despois reflectida na realización práctica deste reto, xa que eles mesmos conformarán o seu propio debate segundo argumentos a favor ou en contra relacionados coa temática dos xogos. |
6 |
| 5. El debate a examen |
5.1. Semáforo 5.2. Lista de control 5.3. Rúbrica 5.4. Diario de aprendizaje |
Tras a finalización do reto, o alumnado realizará unha reflexión de todo o que aprendeu nas distintas fases, tanto a nivel individual como a nivel grupal e achegará posibles propostas de mellora. |
3 |