Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens) das unidades didácticas 7 e 8 de Lingua Castelá e Literatura.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.4 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios, recoñecendo os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal guiada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación. |
Participa nos debates con corrección e respecto polas opinións das demais persoas. |
TI |
7 |
11 % |
|
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar e un vocabulario adaptado ao nivel. |
Demostra empatía e coñecemento do argumento do contrario nun debate. |
TI |
8 |
10 % |
|
CA2.3 - Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos. |
Expón as súas opinións de xeito fluído. |
TI |
7 |
11 % |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Participa na comunicación, respectando a quenda. |
TI |
7 |
11 % |
|
Demostra capacidade de enriquecer a súa opinión a través dos argumentos doutros compañeiros e compañeiras. |
TI |
8 |
10 % |
|
|
CA2.5 - Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel a partir das experiencias e interaccións orais próximas. |
Expresa coherentemente as súas opinións. |
TI |
7 |
11 % |
|
CA2.7 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e os abusos de poder a través da palabra identificados mediante a reflexión grupal acompañada sobre distintos aspectos, verbais e non verbais, que rexen a comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero. |
Identifica linguaxe discriminatoria nun texto escrito. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 % |
|
CA2.8 - Mobilizar, coa planificación e o acompañamento necesarios, estratexias básicas para a escoita activa, a comunicación asertiva e a deliberación argumentada, progresando na xestión dialogada de conflitos, propondo solucións creativas. |
Escoita as opinións alleas. |
TI |
7 |
11 % |
|
É propositivo en situacións de conflitos de convivencia. |
TI |
8 |
10 % |
|
|
CA3.3 - Utilizar estratexias para a comprensión lectora de textos de diversa tipoloxía, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. |
Recoñece e comprende distintos tipos de textos. |
PE (Non incluída no REA) |
7 |
11 % |
|
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante. |
Redacta un resumo dun debate previo, con indicación de opinións encontradas, e da súa propia. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 % |
|
CA3.8 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, comprendendo a súa organización e colaborando no seu coidado. Interesarse por manter e ampliar unha biblioteca propia, tanto física como virtual. |
Localiza os recursos de biblioteca axeitados para preparar unha entrevista a unha persoaxe coñecida. |
TI |
8 |
10 % |
|
CA3.10 - Construír, a través da linguaxe, un pensamento crítico para evitar discriminacións e prexuízos. |
Respecta as diferentes opinións a través do pensamento crítico. |
PE (Non incluída no REA) |
7 |
11 % |
|
Redacta texto argumentativo expresando con criterio a opinión sobre un problema social de carácter discriminatorio. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 % |
|
|
CA3.11 - Rexeitar os usos lingüísticos discriminatorios e identificar os abusos de poder a través da palabra a partir da reflexión individual e grupal sobre os aspectos básicos, verbais e non verbais, da comunicación, tendo en conta unha perspectiva de xénero. |
Identifica no mundo da publicidade gráfica situacións de discriminación. |
TI |
8 |
10 % |
|
CA4.4 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable no uso das tecnoloxías dixitais da información e comunicación para a procura e tratamento da información de modo eficiente e responsable. |
Acude con regularidade a fontes seguras na procura de información. |
TI |
7 |
11 % |
|
CA6.5 - Mellorar os textos propios e alleos na súa comprensión mediante o uso autónomo de dicionarios impresos ou dixitais. |
Reelabora de forma máis comprensiva textos propostos, axudándose do dicionario físico ou dixital. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 % |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Diferenza algunhas categorías gramaticais recoñecendo o verbo. |
PE (Non incluída no REA) |
7 |
12 % |
|
Realiza correctamente exercicios de discriminación de palabras con g/j. Utiliza correctamente aumentativos e diminutivos de palabras dadas. |
PE (Non incluída no REA) |
8 |
10 % |
|
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||