Saltar navegación

1. Descrición xeral

El juego a través de los siglos

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) das unidades 7 e 8 da área de Lingua Castelá e Literatura, e se atopa relacionado de forma transversal coa unidade 6 sobre "Novas tecnoloxías" da área de Ciencias Naturais, coa unidade 3 "Xogos de sempre" da área de Educación Física e coas unidades 7 e 8 de Ciencias Sociais, das programacións de PROENS. 

Está deseñado co fin de que o alumnado integre a aprendizaxe teórica cunha aprendizaxe vivencial arredor dos textos periodísticos de tipo expositivo como son as entrevistas e os textos argumentativos a través do debate. Na situación de aprendizaxe, o alumnado deberá levar a cabo varias entrevistas como medio para construír os argumentos que defenderán a súa postura no debate e preparar a súa posta en escena no mesmo.

Estudarán os tipos de textos argumentativos, informativos e de opinión, poñendo énfase nos primeiros xa que serán utilizados como ferramenta para levar a cabo o reto final, a realización dun debate na aula. Tamén se traballará o uso de G e J, os xentilicios, diminutivos e aumentativos e a análise do verbo.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer e traballar con diferentes tipos de texto.
  2. Crear un debate na aula coas súas respectivas normas e roles.
  3. Ter coñecemento das características das entrevistas e levalas á práctica, aprendendo as mellores estratexias de planificación e redacción.
  4. Aprender a utilizar unha linguaxe inclusiva tanto na comunicación oral como na escrita. 
  5. Recoñecer algunhas categorías gramaticais, especialmente os verbos.
  6. Coñecer e integrar os xentilicios, diminutivos e aumentativos. 
  7. Coidar a ortografía e afianzar o uso da G e da J.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)