Saltar navegación

3. Guía de uso

Antes de comezar

Nun mundo cada vez máis dixital, onde Internet se converteu nunha ferramenta indispensable para a aprendizaxe, a comunicación e o entretemento, a seguridade na rede vólvese un tema crucial. Na etapa na que está o alumnado para que o cal vai dirixido o REA, son usuarios cada vez máis frecuentes do mundo dixital, e polo tanto, atópanse máis expostos aos riscos que este conleva. Por todo isto, navegar por Internet sen as medidas de seguridade adecuadas pode ser como navegar nun mar cheo de piratas: información falsa, contido inapropiado, ciberbullying, roubo de datos persoais, e unha infinidade de perigos que poden poñer en risco a seguridade e mesmo a integridade física e emocional do alumando. Con este REA, o alumnado de 5º de Educación Primaria poderá desenvolver as habilidades necesarias para expresarse oralmente con maior destreza, así coma, ser máis conscientes dos riscos e os beneficios da Internet, ser quen de comunicarse de xeito responsable e respectuoso no mundo dixital.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á información en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do noso alumnado.

Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda a utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua. Para iso, propiciaremos a participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e
emocións propias e alleas. Para, posteriormente, procurar a adquisición de estratexias de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais de relativa complexidade, con distintos propósitos comunicativos. Por último, ao compartir o coñecemento, mellorarán as habilidades de comunicación e deseño visual.

Pretendemos así, que o profesorado que queira empregar este recurso na aula, teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para dotar de funcionalidade, non só as aprendizaxes da área principal de Lingua Castelá e Literatura senón tamén da área de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. Esta relación pretende facer que o profesorado poida traballar de maneira transversal ambas áreas e nutrirse das actividades que se realizan de xeito simultáneo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)