Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 5º de educación primaria, contextualízase na primeira e segunda unidade didáctica "Cantas cousas teño que contarche" e "No papel está todo escrito".
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 1, 2, 3 e 6.
Bloque 1: As linguas e os seus falantes. Procura, a través dos criterios de avaliación e contidos deseñados, familiarizar o alumnado coa diversidade cultural e lingüística da súa contorna, favorecendo a reflexión interlingüística, a identificación e o recoñecemento e rexeitamento dos prexuízos lingüísticos e a valoración da diversidade cultural. O uso dunha linguaxe, verbal e non verbal, non discriminatoria, respectuosa coas diferenzas e coa perspectiva de xénero constitúe outro dos núcleos importantes de aprendizaxe.
Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral. O uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodais; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodais supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
Bloque 6: Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais. Incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.
|
Contidos
|
Bloque da materia
|
- C1 - Biografía lingüística persoal e mapa lingüístico da contorna xeográfica.
- C2 - Valoración da diversidade de linguas na nosa contorna e na nosa comunidade autónoma.
- C3 - Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos, ofrecendo alternativas para estes.
- C4 - A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.
|
Bloque 1. As linguas e os seus falantes.
|
- C2.1 - Contexto.
- C2.1.1 - Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle e realidade bilingüe) na comunicación oral.
- C2.2 - Xéneros discursivos.
- C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
- C2.3 - Procesos: interacción oral.
- C2.3.1 - Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, expoñer ideas.
- C2.3.2 - Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados con respecto ás estratexias de cortesía lingüística.
- C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
- C2.4 - Procesos: comprensión oral.
- C2.4.1 - Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
- C2.4.5 - Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet...
|
Bloque 2. Comunicación oral.
|
- C3.1 - Contexto.
- C3.1.1 - Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación escrita.
- C3.2 - Xéneros discursivos.
- C3.2.5 - Estratexias básicas para o coñecemento da estrutura da lingua, a gramática, o vocabulario , así como as regras de ortografía que favorecen unha comunicación máis eficaz.
- C3.3 - Procesos: comprensión lectora.
- C3.3.1 - Lectura compartida e expresiva con entoación e ritmo progresivamente fluídos.
- C3.3.2 - Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión de textos escritos.
- C3.3.4 - Estratexias de coñecemento progresivamente autónomo de recursos lingüísticos diversos, tanto en papel como dixitais, para mellorar a comprensión de textos.
- C3.3.5 - Valoración da lectura como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
- C3.4 - Procesos: produción escrita.
- C3.4.1 - Elaboración de textos, con presentación coidada e con intención comunicativa e creatividade.
- C3.4.2 - Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais de relativa complexidade, con distintos propósitos comunicativos.
- C3.4.3 - Aplicación progresiva das normas ortográficas básicas e cohesión do texto na produción e corrección: mantemento do tempo verbal, puntuación, concordancia básica e acentuación.
- C3.4.5 - Produción de textos escritos e multimodais coherentes, en soporte físico ou dixital, con cohesión e adecuación textual mediante a selección, en cada situación comunicativa, do modelo discursivo que corresponda, usando as normas ortográficas axeitadas ao seu nivel e perfeccionándose na mobilización de estratexias sinxelas individuais ou grupais de planificación, redacción, revisión e autocorrección.
|
Bloque 3. Comunicación escrita.
|
- C6.1 - Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do seu ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.
- C6.5 - Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
- C6.10 - Estratexias de observación e formulación de xeneralizacións sobre a acentuación.
- C6.11 - Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
- C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
- C6.13 - Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario a través dos textos.
|
Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.
|
Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos lingüísticos non debe abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados.
Así, este enfoque aborda de xeito transversal os seis bloques, enfocándose especialmente nos seguintes obxectivos da materia.
|
Obxectivos
|
Descrición
|
|
OBX1
|
Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar a devandita diversidade como fonte de riqueza cultural.
|
|
OBX2
|
Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.
|
|
OBX3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
|
|
OBX4
|
Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos
|
| OBX5 |
Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
|
|
OBX9
|
Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
|
|
OBX10
|
Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe.
|
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
|
Competencias clave
|
Clave dos descritores operativos
|
|
Competencia en comunicación lingüística (CCL).
|
CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5
|
|
Competencia plurilingüe (CP).
|
CP2, CP3
|
|
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM).
|
STEM1, STEM2
|
|
Competencia dixital (CD).
|
CD1, CD2, CD3
|
|
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).
|
CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
|
|
Competencia cidadá (CC).
|
CC1, CC2, CC3
|
|
Competencia emprendedora (CE).
|
CE1
|
|
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC).
|
CCEC1, CCEC3
|