Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade/s didáctica/s (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA1.1 - Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado. |
Amosa a mesma consideración polas compañeiras e os compañeiros con lingua materna diferente. |
TI |
UD1 |
11 % |
|
Recoñece nas conversas as e os interlocutores en castelán con entorno familiar non galego. |
TI |
UD2 |
5 % |
|
|
CA1.2 - Detectar, de xeito guiado, con autonomía crecente e en contextos próximos, prexuízos e estereotipos lingüísticos frecuentes, ofrecendo alternativas e valorando a pluralidade lingüística do mundo como unha fonte de riqueza cultural. |
Usa unha linguaxe respectuosa e inclusiva nas conversas co resto de persoas. |
TI |
UD2 |
5 % |
|
CA1.3 - Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima. |
Recoñece na conversa o castelán, o galego e o inglés. |
TI |
UD1 |
10 % |
|
Recoñece o castelán, o galego e o inglés en textos escritos. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
5 % |
|
|
CA1.5 - Usar unha linguaxe respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e coa perspectiva de xénero. |
Trata con consideración a compañeiras e compañeiros con lingua ou cultura familiar diferente. |
TI |
UD1 |
10 % |
|
Emprega unha linguaxe respectuosa con todas as compañeiras e todos os compañeiros. |
TI |
UD2 |
6 % |
|
|
CA2.1 - Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais básicos. |
Resume unha comunicación oral breve. |
TI |
UD1 |
11 % |
|
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar e un vocabulario adaptado ao nivel. |
Respecta as quendas nas conversas en grupo. |
TI |
UD2 |
5 % |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Intervén activamente en conversas de grupo reducido escoitando outras intervencións e manifestando a súa propia opinión. |
TI |
UD1 |
12 % |
|
Expresa opinións en conversas grupais participando de maneira activa. |
TI |
UD2 |
6 % |
|
|
CA3.1 - Ler de maneira silenciosa e en voz alta textos escritos e multimodais sinxelos, identificando o sentido global e a información relevante, realizando inferencias a partir de estratexias básicas de comprensión antes, durante e despois da lectura de maneira acompañada e superando a interpretación literal. |
Resume correctamente un breve texto de 100/150 palabras adaptado á súa idade. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. |
Diferencia textos escritos pola súa intención: literarios ou informativos. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
CA3.5 - Adquirir a eficacia lectora mediante unha planificación sistemática de mellora e o gusto pola lectura. |
Aproveita o momento lector con regularidade. |
TI |
UD1 |
12 % |
|
CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais coherentes e sinxelos, en distintos soportes, a partir do modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. |
Escribe un breve texto instrutivo de forma comprensiva. |
PE (non incluída no REA) |
UD1 |
12 % |
|
Redacta textos breves de 100/150 palabras con redacción correcta e vocabulario non repetitivo. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
|
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante. |
Elabora documentos dixitais cunha redación correcta presentándoos acompañados de imaxes de maneira equilibrada. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
10 % |
|
CA6.1 - Comparar aspectos básicos das linguas do ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada. |
Recoñece en textos transcritos conversas entre iguais comparadas con conversas docente/discente. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
CA6.2 - Producir textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. |
Redacta textos breves de 100/150 palabras con corrección na concordancia e na acentuación. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
10 % |
|
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. |
Escribe un texto breve con acentuación correcta. |
PE (non incluída no REA) |
UD1 |
12 % |
|
Identifica os substantivos nun texto escrito. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
|
CA6.7 - Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos. |
Reelabora cun vocabulario adecuado textos instrutivos lidos previamente. |
PE (non incluída no REA) |
UD1 |
10 % |
|
Recoñece o significado da totalidade dos substantivos dun texto de 100/150 palabras, a través do contexto ou con axuda dixital ou do dicionario. |
PE (non incluída no REA) |
UD2 |
8 % |
|
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||