Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado, como para o profesorado. No material inclúense modelos en dous formatos:

  • Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa no caso de dispor de ordenadores, aforrando ter que imprimilos. O formato .odp é editable con LibreOffice Impress, presente na maqueta Abalar. 
  • Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo, e inclusive pódense utilizar con posteriores aplicativos e convertelas en interactivas.

Para a creación das pezas do xogo de mesa, pódese empregar, barro ou pasta branca, que poderán pintar, plastilina, ou, no caso de contar no centro educativo con "Polos Creativos", a suxestión é deseñalas e crealas coa impresora 3D. Na lapela 7, preséntase unha suxestión de ferramentas dixitais, no caso de escoller esta opción para o deseño e creación dos elementos necesarios no xogo de mesa.

Finalmente, recomendamos encarecidamente, no caso de querer imprimir o material, buscar alternativas ecolóxicas como o uso de papel reciclado, a impresión en borrador ou branco/negro para continuar poñendo o noso gran de area ao coidado do medioambiente.

Categorías gramaticais

A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.

Beneficios das imaxes e símbolos:

  • Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
  • Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
  • Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.

 Na zona de imprimibles atoparás unha selección de símbolos para ser empregados na aula para traballar a gramática de xeito manipulativo.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

As actividades grupais deste reto están pensadas para unha clase con rateo 20.

Porén, pódense realizar outros agrupamentos e adaptar todas as actividades sen que afecte ao REA segundo a rateo da aula na que se utilice o recurso.

A continuación, descríbese a proposta de actividades para realizar en pequeno grupo (4 integrantes, aproximadamente) ao longo do REA:  

  • "¡Vamos a jugar con la ortografía!": elaboración dun recurso interactivo en pequeno grupo.
  • "Debate."
  • "La importancia de las expresiones.": elaboración dun mapa con expresións típicas de diferentes rexións.
  • "Puesta en común." : creación de una lista para detectar bulos, coa técnica de aprendizaxe cooperativo "lápices ao centro".
  • "Creación de un juego de mesa."
  • "Elaboración del videotutorial."
  • "Difusión del videotutorial."
  • "Torneo de juegos de mesa."

Produtos finais

O produto final do REA é a "Elaboración de un juego de mesa" complementado coa "Creación de un videotutorial" . 

Cumprir cos retos finais posibilitará, o desenvolvemento da creatividade, xa que a creación do xogo require pensar de xeito creativo para idear as regras, a dinámica do mesmo, a temática... Por outra banda, adquirirán ferramentas para a resolución de problemas, porque no proceso de deseño deben equilibrar as regras, crear un xogo xusto e atopar solucións á posible problemática que poida xurdir; para iso, deberán colaborar para chegar a acordos e tomar decisións de xeito conxunto, sen esquecer que a comunicación será o medio para acadalo.

Tendo en conta a importancia que ten a avaliación no proceso de ensino aprendizaxe, inclúense nesta guía os instrumentos de avaliación que empregará o profesorado e as rúbricas que usará o alumnado para a súa autoavaliación e coavaliación, aparecendo estas últimas tanto na guía didáctica coma na situación de aprendizaxe e, polo tanto, a lingua na que están elaboradas é o castelán.

En canto ás destrezas dixitais, a aprendizaxe centrarase en: afianzar ou aprender o emprego de ferramentas dixitais; manexo da información, aprendendo a sintetizar e organizar datos de xeito conciso, desenvolvendo a capacidade de comunicar ideas e conceptos de forma visualmente atractiva; conciencia sobre a seguridade na rede, ao familiarizarse có uso responsable e seguro das aplicacións dixitais; e desenvolvendo o dominio de solucións dixitais.

Unha parte moi importante do REA é a visibilidade que se faga dos seus produtos finais, por iso, a recomendación é que sexan compartidos có resto da comunidade educativa a través do torneo de xogos de mesa suxerido, empregando as ferramentas corporativas que están a disposición do profesorado (aula virtual do centro, web do centro, Agueiro...) para a difusión do torneo máis do videotitorial, ou incluso, a posibilidade de facer algunha exposición ou presentación nalgunha organización con impacto social. 

Proposta de temporalización do reto

Temporalización do reto presente na Fase4.

"Creación de un juego de mesa."

"¿Qué idea de juego tenéis?

1 sesión.

"¿Qué materiales necesitamos?"

1 sesión.

"¿Cuáles son las reglas del juego?"

2 sesións.

"Diseño del tablero/cartas, las fichas y los accesorios."

2 sesións.

"Pruebas."

2 sesións.

"Ajustes."

1 sesión.

Total

9 sesións

A continuación, a temporalización para a creación do videotitorial coas normas de funcionamento do xogo creado.

"Elaboración del videotutorial sobre el juego de mesa."

"Planificad el contenido."

1 sesión.

"Elaborad un guion en texto."

2 sesións.

"Cread un guion gráfico (storyboard)."

1 sesión.

"Preparad los materiales."

2 sesións.

"Grabad el vídeo."

2 sesións.

"Revisad el vídeo."

1 sesión.

Total

9 sesións

Por último, dedicarase unha sesión para a posta en funcionamento dun torneo de xogos, no que sería de especial interese, que a participación fose a nivel de centro, trasladable a toda a comunidade educativa. Para iso, previo ao torneo, poderíase compartir o videotitorial a través das ferramentas dixitais corporativas. Durante o torneo, igualmente estará presente o videotitorial nun dispositivo dixital en cada espazo dedicado a cada xogo. 

Posteriormente, os xogos de mesa, pódense incorporar aos xogos do patio, para xogar durante o tempo de lecer. 

Enfoque multinivel do reto

O obxectivo, é proporcionar unha variedade de recursos, tal como figuran no presente REA, para que o alumnado poida escoller o seu nivel de competencia. Seguindo os principios do DUA, propóñense opcións para a acción e a expresión das aprendizaxes como un principio didáctico, para proporcionar oportunidades de aprender e amosar a aprendizaxe acadada. 

O deseño dos retos está pensado para que teña diferentes niveis de dificultade, proporcionando opcións para que o alumnado poida escoller o nivel axeitado a súa capacidade.  A continuación descríbense tres niveis de dificultade para cada reto:

Nivel de dificultade Reto da Fase 4: "Creación de un juego de mesa".

Fase 5: "Elaboramos el videotutorial".

Nivel 1. Básico

Creación dun xogo de taboleiro e dados.

Nos xogos de taboleiros e dados, cada persoa participante, emprega un peón para moverse polo taboleiro, o cal ten unha chea de espazos polo que desprazarse.

Tírase un dado para saber a cantidade de espazos que hai que avanzar. Pero no taboleiro hai trampas/sorpresas. Tarefas: 

  •  Deseño das personaxes para o peón.
  • Acordar o número de cuadrículas que terá o taboleiro e o xeito de distribuilas.
  • Creación de cuadrículas especiais (que fagan avanzar, retroceder ou perder a quenda).
  • Realizar unha videoguía oral breve e sinxela, onde predomine a imaxe da persoa que expón os contidos.
  • Empregar unha linguaxe clara e concisa.
  • Apoiarse nalgunha imaxes, que amosará durante a explicación dos contidos do videotitorial.
Nivel 2. Intermedio

Creación dun xogo de taboleiro, dados e preguntas.

Nos xogos de taboleiro, dados e preguntas, cando aterras en certos espazos, corresponde responder preguntas, neste caso sobre ciberseguridade. Se a resposta é correcta, avánzase máis rápido, se non é correcta, deben decidir se é causa para perder a quenda ou retroceder. Tarefas:

  • Deseño das personaxes para os peóns.
  • Acordar o número de cuadrículas que terá o taboleiro e o xeito de distribuilas.
  • Tarxetas con preguntas sobre ciberseguridade.
  • Deseño das pezas que compoñen un todo (coma por ejemplo, os queixiños).
  • Realizar unha exposición oral máis detallada.
  • Incluír información adicional en forma de imaxe dixital.
Nivel 3. Avanzado

Creación dun xogo mazo de cartas.

Nos xogos de mazo de cartas, quen xoga recibe un mazo de cartas, có mesmo número de cartas. O obxectivo é pode variar, entre ser a primeira persoa en quedar sen cartas ou ben, ter que acadar uns obxectivos. A continuación, por quendas, as persoas xogadoras colocan unha carta no mazo central seguindo certas regras.

  • Determinar o obxectivo do xogo.
  • Deseño das cartas.
  • Acordo das regras do xogo, tanto das dinámicas de xogo coma das excepcións.
  • Creación das cartas especiais e o seu uso.
  • Realizar unha intervención oral dominando o vocabulario relacionado coa temática.
  • Empregar recursos audiovisuais para apoiar a información proporcionada de xeito oral (coma pequenos vídeos ou titoriais).
  • Crear un só documento audiovisual con toda a información.

 

 Fomentarase a colaboración entre o alumnado asignando tarefas en grupos heteroxéneos, onde o alumnado máis avanzado poida apoiar ao alumnado que presente máis dificultades.

Promóvense diferentes formas de avaliación para medir o progreso e o logro do alumnado, tanto ao longo do REA, nas distintas fases, coma ao rematar os retos. Inclúense rúbricas para levar a cabo autoavaliación, coavaliación e heteroavaliación dos retos (Fase 4 e Fase 5).

Recursos dixitais 

O reto está pensado para poder ser levado a cabo de xeito manipulativo (coa creación dos compoñentes dos xogos de mesa con materiais funxibles: con arxila, cartolinas...) ou ben de xeito dixital. A continuación descríbense as ferramentas que poden empregarse para o deseño con ferramentas dixitais:

  • FASE 4 : "Creación de un juego de mesa". Estas ferramentas permiten o deseño do taboleiro, das cartas e o deseño en 3D das pezas.

-Inkscape

-Sketchup

-Tinkercad

-Blender

  •  FASE 5: "Elaboramos el videotutorial".

- Openshot Video Editor.

- Kdenlive

Transversalidade 

Cando o alumnado pode conectar diferentes áreas do coñecemento, son quen de comprender mellor os conceptos e de aplicalos na súa vida acotío. Por iso, este REA atópase relacionado cós obxectivos fundamentais das áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, que, a pesar de pertencer a áreas distintas, converxen para acadar un propósito común:

OBX5 para Ciencias da Natureza: "Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo."
OBX1 para Ciencias Sociais "Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede."

Esta relación, permitirá á persoa titora poder traballar de xeito transversal este obxectivo dende as tres áreas.

Por outra banda, a fase 3.3. "Verificación da información" servirá de introdución para o eixo condutor do seguinte REA, Cazando Bulos, que estará intimamente ligado ao traballado na área de ciencias sociais, simultaneamente.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)