Saltar navegación

1. Descrición xeral

Ciberaxentes en acción

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado có fin de mellorar a súa expresión oral, tanto no referido á articulación, fluidez, volume, proxección, entoación, e velocidade, coma á expresión facial e xestual. 

O eixo condutor é a identificación dos criterios que debemos seguir para facer uso seguro da rede. Non só o referido ao emprego de contrasinais e redes seguras, senón tamén á prevención do phishing (técnica que consiste no roubo da identidade con fins fraudulentos) e a tendencia a compartir na rede información sensible e privada, así coma os perigos que conleva. 

O REA, pretende axudar a acadar de xeito transversal, dous obxectivos fundamentais das áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, que, a pesar de pertencer a áreas distintas, converxen para acadar un propósito común:

  • OBX5 para Ciencias da Natureza: "Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede, e para reelaborar e crear contido dixital de acordo coas necesidades dixitais do contexto educativo."
  • OBX1 para Ciencias Sociais "Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede."

Ao integrar esta perspectiva, buscamos maximizar o impacto e lograr un resultado máis completo e efectivo. Para iso, os textos presentes neste REA, teñen como base o vocabulario relacionado có tratamento das novas tecnoloxías, e a dixitalización do alumnado de xeito seguro.

O desafío principal que enfrontaremos consistirá en desenvolver un xogo de mesa que eduque sobre os perigos da Internet e ofreza orientación sobre como utilizala de xeito segura, ao tempo que busca o goce na aprendizaxe. Irá complementado cun videotitorial, creado tamén na aula,  que levará as instrucións e regras do  xogo.

As metas de aprendizaxe son:

1. Aumentar a destreza en comunicación oral.

2. Desenvolver o pensamento crítico.

3. Potenciar a creatividade.

4. Mellorar a capacidade para desenvolverse no mundo dixital de xeito seguro e responsable.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)