Saltar navegación

3. Guía de uso

Sentindo a xeometría

Desglosando o REA

O REA "Desmontando monumentos con la llave G" fai un percorrido polos principais coñecementos dos sentidos da medida, espacial e socioafectivo que corresponden ao curso de 1º de ESO.

O fío condutor é o patrimonio monumental, centrado principalmente nas grandes casas galegas, os pazos e castelos, aínda que se traballan tamén outros elementos como sinais de estradas, medidas tradicionais ou árbores senlleiras.

O REA ten cinco fases ben diferenciadas:

  1. Descripción: "Geometría tras las piedras".
  2. Exploración: "Conectando piedras".
  3. Conexión: "El pazo de mis sueños".
  4. O reto final: "Montando el panel con la llave G"
  5. Conclusión: "Exposición del panel"
  • Na fase 1 é onde se describe o reto a acadar, o deseño en grupo dun panel descriptivo dun monumento da zona, e tamén onde se crean os grupos de traballo. Esta fase é motivacional e integradora, moi enfocada cara ao sentido socioafectivo.
  • Na fase 2 faise un repaso polos principais coñecementos abordados na educación primaria sobre medida e xeometría plana, contextualizados en medidas corporais, castelos, pazos e xardíns.
  • Na fase 3 introdúcense novos contidos como a conversión de unidades mediante factores, o teorema de Pitágoras, as rectas e puntos notables dos triángulos e a localización e cálculo de distancias empregando mapas.

Ademáis esténdense a outros contidos traballados anteriormente como a estimación de medidas, a identificación de elementos xeométricos, a construción de figuras planas, o cálculo de ángulos, perímetros e áreas e o pensamento computacional, pasando polo desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, observación, análise e investigación.

  • Na fase 4 ponse en práctica todo o aprendido, deséñase o panel e ao mesmo tempo faise unha revisión da xeometría como instrumento de creación vinculado á arquitectura e ao patrimonio.
  • Na fase 5 ponse en valor o aprendido compartíndoo co resto da clase e abrindo a posibilidade de que algún destes paneis se presente no concello para facer realidade a proposta.

O substrato do REA

A acepción que subxace en todo o REA é a alta compoñente visual que ten a xeometría.

Por este motivo a mellor forma de usar este material e pararse en cada unha das imaxes que contén e facer unha análise da súa beleza e estética dende o punto de vista matemático, poñendo en valor a posibilidade que nos ofrece o coñecemento do vocabulario e das propiedades das distintas formas para describir o que estamos vendo.

Trátase de aprender observando e analizando, tamén sentindo, pasando logo a describir os elementos atopados.

Hai unha forte vinculación entre cada un dos contidos e a imaxe que os representa, moitos deles, cun elemento real. Así o concepto de miriámetro está asociado a un mojón miriamétrico, e o de circunferencia como lugar xeométrico ao seu deseño nun xardín.

En canto aos procedementos, a base é a modelización e busca de patróns a través da manipulación, tanto dixital como manual, deixando nun papel secundario o cálculo, para o cal se propón o uso da calculadora cando sexa máis complexo.

O establecemento de conexións entre elementos reais, contidos e propiedades xeométricas, e a proximidade aporta fiabilidade e continuidade ao aprendido.

No REA atópanse actividades de conectar puntos, calcar, mover, contar, medir, estimar, aproximar, razonar, crear, analizar, identificar, observar e describir.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)