Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 1º de ESO, contextualízase nas unidades didácticas "Unidades de medida. Sistema métrico decimal", "Figuras planas", "Perímetros e áreas" e "Matemáticas para a vida en sociedade".
O recurso englóbanse fundamentalmente nos bloques de contidos 2. "Sentido da medida", 3. "Sentido espacial" e 6. "Sentido socioafectivo".
| Contidos |
Bloque da materia |
- C2.1 Magnitude.
- C2.1.1 Recoñecemento das magnitudes e das súas diferentes unidades de medida. Uso dos factores de conversión.
- C2.1.2 Elección das unidades e operacións adecuadas en problemas que impliquen medida.
- C2.1.3 Estimación de medidas coa precisión adecuada a cada situación.
- C2.1.1 Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter lonxitudes e áreas en formas planas.
- C2.2 - Medición.
- C2.2.1 - Dedución, interpretación e aplicación das principais fórmulas para obter lonxitudes e áreas en formas planas.
|
Bloque 2 |
- C3.1 - Figuras xeométricas de dúas e tres dimensións.
- C3.1.1 - Descrición de figuras planas e dos seus elementos característicos: ángulos, rectas e puntos notables.
- C3.1.2 - Clasificación das figuras xeométricas planas en función das súas propiedades ou características.
- C3.1.3 - Construción de figuras xeométricas con ferramentas manipulativas e dixitais, como programas de xeometría dinámica, realidade aumentada etc.
|
Bloque 3 |
- C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
- C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
- C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
- C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
- C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
- C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
- C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
- C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
- C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
- C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
|
Bloque 6 |
Así, este recurso trata específicamente os seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX 1 |
Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións. |
| OBX 3 |
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos. |
| OBX 4 |
Utilizar os principios do pensamento computacional organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, interpretando, modificando e creando algoritmos para modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz. |
| OBX 5 |
Recoñecer e utilizar conexións entre os diferentes elementos matemáticos interconectando conceptos e procedementos para desenvolver unha visión das matemáticas como un todo integrado. |
OBX 6
|
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas. |
| OBX 7 |
Representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos, información e resultados matemáticos usando diferentes tecnoloxías, para visualizar ideas e estruturar procesos matemáticos. |
OBX 9
|
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas. |
OBX 10
|
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables. |
A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe |
CP1, CP3 |
| Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3, CD5 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5 |
| CC - Competencia cidadá |
CC2, CC3, CC4 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE2, CE3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC1, CCEC3, CCEC4 |