Temporalización do REA
Este REA deseñouse para desenvolver en 35 sesións. A proposta é que se imparta no segundo trimestre, a continuación do REA de álxebra.
Engloba os aspectos curriculares dos temas "Unidades de medida e SMD" (11 sesións), "Figuras planas" (11 sesións), "Perímetros e áreas" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" ( 2 sesións).
Estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| Descrición |
1."Geometría tras las piedras" |
Sesión de introdución e motivación sobre o reto: deseñar un panel descriptivo dun monumento. Posta en valor dos bens patrimoniais e das súas sinalizacións. Vincular a xeometría e a medida a situacións reais (1). Sesión sobre o desenvolvemento do traballo en equipo coa creación deste (1). Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
2 sesións |
| Exploración (coñecementos previos) | 2."Conectando piedras" |
Sesións para conectar cos coñecementos de primaria sobre medida e xeometría: ángulos, triángulos, cuadriláteros, polígonos, círculo e circunferencia, área e perímetro de figuras planas. Contén unha actividade grupal para desenvolver nunha sesión: "El pendón". Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
8 sesións |
| Conexión | 3. "El pazo de mis sueños" |
Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos: - Situacións da vida real nas que se utilizan medidas ou nas que aparecen elementos xeométricos. - Selección e conversión de unidades, estimación de medidas. - Identificación de elementos xeométricos en fachadas, deseño de figuras xeométricas con GeoGebra. - Aplicacións do teorema de Pitágoras. - Cálculos de áreas e perímetros sobre planos. - Simetrías en figuras e edificios. - Problemas sobre posicións de rectas, elementos e puntos notables dos triángulos. - Uso de mapas para localización de lugares e medición de distancias. Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis: - máis sinxelas, de aplicación directa de fórmulas, - de ampliación de contidos (simetrías), - problemas con enunciados máis complexos (con máis datos, con valores non enteiros, abertos...). Estas actividades fomentan a modelización de edificios e a súa contorna con elementos xeométricos, unha premisa para a realización do reto final: o deseño do panel. Contén unha actividade grupal para desenvolver nunha sesión: "El hórreo de los López". Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
20 sesións |
| Reto final | 4. Montando el panel con la llave G |
Sesións para o traballo de campo (1), e a elaboración do panel en grupo (2). Proponse un exemplo, o pazo de Torres do Allo. Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal. |
3 sesións |
| Conclusión | 5. Exposición del panel |
Sesións vinculadas á síntese dos resultados obtidos e a avaliación destes. Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de grupos e do tempo que se dea a cada un deles. (1) Proba escrita (1). |
2 sesións |