Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinta táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA2.1 | Investigar e comprobar conxecturas sinxelas de forma guiada analizando patróns, propiedades e relacións. | Identifica as magnitudes en cada situación e relaciónaas coas súas unidades de medida. | PE (Non incluída no REA) | Unidades de medida. Sistema métrico decimal. | 30 |
| CA2.2 | Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos. | Emprega correctamente os factores de conversión para as operacións en problemas que impliquen medidas. | PE (Non incluída no REA) | Unidades de medida. Sistema métrico decimal. | 40 |
| CA2.5 | Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información. | Fai estimacións de medidas coa precisión adecuada. | PE (Non incluída no REA) | Unidades de medida. Sistema métrico decimal. | 30 |
| CA3.1 | Interpretar problemas matemáticos organizando e relacionando os datos dados e elaborando representacións matemáticas que permitan atopar estratexias para a súa resolución. | Constrúe figuras planas con lapis e papel, con ferramentas manipulativas e con ferramentas dixitais. | PE (Non incluída no REA) | Figuras Planas | 30 |
| CA3.2 | Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos. | Resolve problemas relacionados con distancias e ángulos de figuras planas. | PE (Non incluída no REA) | Figuras Planas | 40 |
| CA3.3 | Recoñecer e usar as relacións entre os coñecementos e as experiencias matemáticas formando un todo coherente. | Clasifica correctamente os tipos de figuras planas e identifica os seus elementos característicos (ángulos, rectas e puntos notables). | PE (Non incluída no REA) | Figuras Planas | 30 |
| CA2.2 | Modelizar situacións e resolver problemas de forma eficaz interpretando e modificando algoritmos. | Interpreta e aplica as principais fórmulas para obter lonxitudes e áreas en formas planas. | PE (Non incluída no REA) | Perímetros e áreas. | 30 |
| CA2.3 | Recoñecer e usar as relacións entre os coñecementos e as experiencias matemáticas formando un todo coherente. | Calcula perímetros e áreas de figuras a partir de perímetros e áreas doutras figuras dadas. | PE (Non incluída no REA) | Perímetros e áreas. | 20 |
| CA2.4 | Realizar conexións entre diferentes procesos matemáticos aplicando coñecementos e experiencias. | Emprega o teorema de Pitágoras para o cálculo de perímetros e de áreas. | PE (Non incluída no REA) | Perímetros e áreas. | 30 |
| CA3.7 | Representar conceptos, procedementos e resultados matemáticos usando diferentes ferramentas e valorando a súa utilidade para compartir información. | Constrúe diferentes figuras xeométricas con ferramentas dixitais para relacionar os seus perímetros e áreas. | PE (Non incluída no REA) | Perímetros e áreas. | 20 |
| CA6.1 | Recoñecer a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e a súa contribución á superación dos retos que demanda a sociedade actual. | Recoñece a achega das matemáticas ao progreso da humanidade e a súa contribución á superación dos retos que demanda a sociedade actual. | TI | Matemáticas para a vida en sociedade | 20 |
| CA6.2 | Xestionar as emocións propias e desenvolver o autoconcepto matemático como ferramenta para xerar expectativas positivas ante novos retos matemáticos. | Xestiona as emocións propias e desenvolve o autoconcepto matemático como ferramenta para xerar expectativas positivas ante novos retos matemáticos. | TI | Matemáticas para a vida en sociedade | 20 |
| CA6.3 | Mostrar unha actitude positiva e perseverante aceptando a crítica razoada ao lles facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das matemáticas. | Mostra unha actitude positiva e perseverante aceptando a crítica razoada ao lles facer fronte ás diferentes situacións de aprendizaxe das matemáticas. | TI | Matemáticas para a vida en sociedade | 20 |
| CA6.4 | Colaborar activamente no traballo en equipo respectando diferentes opinións, comunicándose de maneira efectiva, pensando de forma crítica e creativa e tomando decisións e xuízos informados. | Colabora activamente no traballo en equipo respectando diferentes opinións, comunicándose de maneira efectiva, pensando de forma crítica e creativa e tomando decisións e xuízos informados. | TI | Matemáticas para a vida en sociedade | 20 |
| CA6.5 | Participar na repartición de tarefas que deban desenvolverse en equipo, achegando valor, favorecendo a inclusión, a escoita activa, asumindo o rol asignado e sendo responsable da propia contribución ao equipo. | Participa na repartición de tarefas que deban desenvolverse en equipo, achegando valor, favorecendo a inclusión, a escoita activa, asumindo o rol asignado e sendo responsable da propia contribución ao equipo. | TI | Matemáticas para a vida en sociedade | 20 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||
Ao desenvolver de maneira conxunta catro temas da programación modelo de PROENS, é preciso facer unha media ponderada coas porcentaxes anteriores para o cálculo da cualificación final.