Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica baséase nos eixes da materia "Matemáticas" de 1º de ESO, traballando principalmente as destrezas socioafectivas e a resolución de problemas a partir do sentido numérico (numeración e cálculo en distintos contextos) facendo fincapé nos seguintes aspectos:

  • As matemáticas como instrumento para explicar e comprender a nosa contorna.
  • Aprendizaxe a través da resolución de problemas e a exploración de distintos procesos para obter solucións.
  • Desenvolvemento do pensamento computacional e a modelización de situacións.
  • Conexión das matemáticas con outras materias e en situacións reais.
  • Interconexión dos diferentes conceptos matemáticos.
  • Fomento do traballo en equipo e individual.
  • Uso de distintas metodoloxías con uso de material manipulativo e de ferramentas tecnolóxicas.
  • Perspectiva socioemocional, diminución das actitudes negativas cara á materia, a normalización dos erros, e a toma de decisións informadas e responsables.
  • Fomento das matemáticas inclusivas.
  • Comunicación de forma individual e colectiva de procesos e conceptos matemáticos coa terminoloxía matemática axeitada.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 1º de ESO, contextualízase nas unidades didácticas "Números naturais e potencias", "Divisibilidade" e "Matemáticas para a vida en sociedade".

O recurso englóbase fundamentalmente nos  bloques de contidos 1. "Sentido numérico" e 6. "Sentido socioafectivo".

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Cálculo.
    • C1.1.1 - Utilización do cálculo para resolver problemas da vida cotiá adaptando a estratexia e o tipo de cálculo ao tamaño dos números.
  • C1.2 - Cantidade.
    • C1.2.1 - Identificación, comprensión e representación de cantidades con números enteiros.
    • C1.2.2 - Expresión de cantidades mediante números enteiros, fraccións, decimais e raíces cadradas exactas en contextos da vida cotiá coa precisión requirida.
    • C1.2.4 - Resolución de problemas en diferentes contextos, seleccionando a representación máis adecuada dunha mesma cantidade (natural, enteiro, decimal ou fracción).
  • C1.3 - Sentido das operacións.
    • C1.3.1 - Aplicación de estratexias de cálculo mental para resolver operacións con números naturais, fraccións e decimais. 
    • C1.3.2 - Identificación e aplicación das operacións con números enteiros, fraccionarios ou decimais útiles para resolver situacións contextualizadas.
    • C1.3.3 - Resolución de problemas contextualizados con operacións combinadas de números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais, tendo en conta a xerarquía e aplicando as propiedades adecuadas para realizar os cálculos de maneira eficiente.
  • C1.4 - Relacións.
    • C1.4.1 - Utilización de factores, múltiplos e divisores. Factorización en números primos para resolver problemas, mediante estratexias e ferramentas diversas, incluído o uso da calculadora.

Bloque 1

  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións.
    • C6.1.1 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da perseveranza e da resiliencia cara á aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.2 - Recoñecemento das emocións que interveñen na aprendizaxe como a autoconciencia e a autorregulación.
    • C6.1.3 - Desenvolvemento da flexibilidade cognitiva para aceptar un cambio de estratexia cando sexa necesario e transformar o erro nunha oportunidade de aprendizaxe.
  • C6.2 - Traballo en equipo e toma de decisións.
    • C6.2.1 - Técnicas cooperativas para optimizar o traballo en equipo e compartir e construír coñecemento matemático.
    • C6.2.2 - Condutas empáticas e estratexias de xestión de conflitos.
  • C6.3 - Inclusión, respecto e diversidade.
    • C6.3.1 - Promoción de actitudes inclusivas e aceptación da diversidade presente na aula e na sociedade.
    • C6.3.2 - Recoñecemento da contribución das matemáticas ao desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento humano desde unha perspectiva de xénero.
Bloque 6

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar, modelizar e resolver problemas da vida cotiá e propios das matemáticas aplicando diferentes estratexias e formas de razoamento para explorar distintas maneiras de proceder e obter posibles solucións.
OBX 3
Formular e comprobar conxecturas sinxelas ou expor problemas de forma autónoma, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación para xerar novos coñecementos.
OBX 6
Identificar as matemáticas implicadas noutras materias e en situacións reais susceptibles de ser abordadas en termos matemáticos, interrelacionando conceptos e procedementos para aplicalos en situacións diversas.
OBX 9
Desenvolver destrezas persoais identificando e xestionando emocións, poñendo en práctica estratexias de aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ante situacións de incerteza para mellorar a perseveranza na consecución de obxectivos e o gozo na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 10
Desenvolver destrezas sociais recoñecendo e respectando as emocións e as experiencias dos demais, participando activa e reflexivamente en proxectos en equipos heteroxéneos con roles asignados para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e grupal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL5
Competencia plurilingüe CP3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
CC - Competencia cidadá CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE2, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)