Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA deseñouse para desenvolver en 23 sesións. A proposta é que se imparta ao inicio do primeiro trimestre.

Engloba os aspectos curriculares dos temas "Números naturais e potencias" (11 sesións), "Divisibilidade" (11 sesións) e o transversal "Matemáticas para a vida en sociedade" (1 sesión).

Estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización
Descrición 1. "N a la vista"

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: deseñar tres problemas xeolocalizados.

Descríbese a formación de equipos, os retos, e o significado da palabra "problema" dentro dun contexto matemático.

Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal.

2 sesións
Exploración (coñecementos previos) 2. "Entrada natural"

Sesións para conectar cos coñecementos de primaria.

Faise un repaso dos sistemas de numeración posicionais, a base destes e as operacións elementais, así como a orde na súa execución.

Introdúcense os primeiros problemas contextualizados no litoral que precisan de operacións básicas para o seu desenvolvemento.

Tamén inclúe un repaso da definición de potencia vinculada ao problema de exemplo do apartado 1: contar os grans de area do Universo.

Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal.

4 sesións
Conexión 3. "Rumbo N"

Sesións con actividades nas que se desenvolven os seguintes contidos e procedementos:

- Modelización de situacións reais vinculadas ao litoral que se resolven mediante operacións básicas e divisibilidade.

- Interpretación e aplicación de códigos alfanuméricos, operacións (sumas, restas, multiplicacións, divisións, potencias e raíces) e as súas propiedades.

- Interpretación de múltiplos e divisores e do mcm e o mcd, incluíndo os algoritmos de cálculo destes.

Entre as anteriores hai actividades de distintos niveis:

- máis sinxelas de aplicación directa de algoritmos,

- de ampliación de contidos (raíces non exactas),

- problemas con enunciados máis complexos (máis lectura e datos, varias solucións ou solucións en forma de intervalo, abertos...).

A maioría dos problemas preséntanse en forma de actividades grupais que serven de guía para os retos finais.

Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal.

10 sesións
Reto final 4. "El tridente"

Sesións para unha saída escolar para percorrer lugares costeiros (1), e a elaboración dos problemas en grupo (3).

Proponse unha sesión para elaborar cada problema pero é posible que sexan necesarias máis

Contén reflexións para anotar no Diario de Aprendizaxe de forma individual e grupal.

4 sesións
Conclusión 5. Cuéntame tus problemas

Sesións vinculadas á síntese dos resultados obtidos e á avaliación destes.

Auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos/ás compañeiros/as nunha exposición oral. A duración pode variar dependendo do número de grupos e do tempo que se dea a cada un deles (2).

Proba escrita (1).

3 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)