Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO está formada por un total de sete REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 03/07/2024), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela.

O REA "La tecnología da mucho juego" é número 1 e correspóndese coa unidade didáctica 1: "Tecnoloxía, deseño e fabricación".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "La tecnología da mucho juego"

1. Tecnoloxía, deseño e fabricación.

CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4.1, CA2.4.2 17 1º Trimestre
REA 2: "Sin miedo a hacer clic" 2. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico. CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 5 1º Trimestre
REA 3: "¡Cómo está el patio!" 3. Proxecto de estruturas. CA1.1, CA1.1.1, CA2.1, CA2.1.1, CA2.2, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1, CA3.1.2, CA5.1, CA5.1.1, CA5.3, CA5.3.2 16 1º Trimestre
REA 4: "Un parque animado" 4. Proxecto de mecanismos. CA1.1, CA1.1.2, CA2.1, CA2.1.2, CA2.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.1, CA3.1.4, CA5.1, CA5.1.2, CA5.3, CA5.3.3 16 2º Trimestre
REA 5: "La magia de la electricidad" 5. Proxecto de electricidade. CA1.1, CA1.1.3, CA2.1, CA2.1.3, CA2.2, CA2.2.3, CA3.1, CA3.1.6, CA5.1, CA5.1.3, CA5.3, CA5.3.4 16 2º Trimestre
REA 6: "Viaje programado" 6. Programación. CA4.1, CA4.2 16 3º Trimestre
REA 7: "¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula" 7. Sistemas de control e robots. CA3.2, CA3.2.2, CA4.3, CA5.1, CA5.1.4, CA5.3, CA5.3.5 14 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixos da materia "Tecnoloxía e dixitalización" de 1º da ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Introdución das tecnoloxías dixitais no proceso de aprendizaxe, de natureza interdisciplinaria, propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos do desenvolvemento sostible (ODS) e súa conexión co mundo real.
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 1º da ESO, contextualízase na primeira unidade, "Tecnoloxía, deseño e fabricación". Pola súa situación, supón o primeiro contacto do alumando coa materia, polo que se pretende que axude na súa avaliación inicial, así como na ensinanza e aprendizaxe das primeiras ferramentas dixitais que precisará ao longo do curso.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contidos: "1. O proxecto tecnolóxico" e "2. Deseño e fabricación".

  • No Bloque 1 trátase o desenvolvemento de habilidades e métodos que permitan avanzar dende a identificación e o plantexamento dun problema técnico ata a súa solución construtiva, e todo isto a través dun proceso planificado que busque a optimización de recursos e de solucións.
  • No Bloque 2 abárcase o proceso de deseño e representación de pezas ou obxectos, a escala e acoutados, e o deseño de obxectos sinxelos en 3D, facendo uso de ferramentas CAD. Este proceso de deseño remata coa fabricación dixital, mediante impresión 3D ou por corte láser, de pezas sinxelas respectando as normas de seguridade e hixiene.
Contidos Bloque da materia
  • Estratexias de procura crítica de información durante a investigación e a definición dos problemas expostos.
  • Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción do coñecemento dende distintos enfoques e ámbitos.
  • Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
  • Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
  • Tecnoloxía sostible. Valoración crítica da contribución da tecnoloxía á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
Bloque 1
  • Técnicas de representación gráfica para o deseño de pezas utilizadas nos proxectos. Acoutamento e escalas.
  • Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos sinxelos.
  • Iniciación ao deseño 3D.
  • Introdución á fabricación dixital. Deseño e construción de pezas sinxelas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque 2

O desenvolvemento destes bloques na materia de tecnoloxía requiren que o seu tratamento sexa integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas, que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados, e que se presentan diferenciados entre si para darlles unha especial relevancia á resolución de problemas, á dixitalización e ao desenvolvemento sostible. O tratamento integral dos contidos destes bloques aconsella que se desenvolvan de forma conxunta e continua.

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX 3 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX 7 Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso. 

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) STEM2; STEM3; STEM5
Competencia dixital (CD) CD1; CD4; CD5 
Competencia persoal, social e de aprendera a aprender (CPSAA) CPSAA1; CPSAA4 
Competencia cidadá (CC) CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1; CE3 
CCEC CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)