Saltar navegación

1. Descrición xeral

La tecnología da mucho juego

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ofrece ao alumando un primeiro achegamento á tecnoloxía e introduce aos estudantes no deseño de pezas, tanto en 2D como en 3D, así como á fabricación dixital de pezas sinxelas empregando unha impresora 3D e/ou unha cortadora láser. Ao longo do recurso, o alumnado afonda no estudo das formas xeométricas básicas, a representación de pezas acoutadas, a escala en 2D e a modelaxe en 3D, coa axuda de dúas aplicacións informáticas: LibreOffice Draw e Tinkercad. Estes procesos de representación facilitan a introdución á fabricación dixital mediante a impresión 3D ou o corte por láser. Ao tratarse da primeira unidade didáctica á que se enfronta o alumnado na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, este REA tamén conta cunha avaliación inicial e integra contidos que facilitan un primeiro achegamento á esta materia e ao análise de obxectos.

O reto será deseñar e construír, entre toda a clase, as pezas dun xadrez empregando a metodoloxía propia do método de proxectos. 

As metas de aprendizaxe son:

  1. Analizar obxectos tecnolóxicos sinxelos empregando diferentes puntos de vista.
  2. Recoñecer a influencia da tecnoloxía na sociedade, valorando a importancia dun desenvolvemento sostible.
  3. Comprender e utilizar conceptos básicos de deseño e debuxo técnico.
  4. Deseñar obxectos sinxelos en 3D e 2D. Empregar aplicacións para o deseño 3D e 2D.
  5. Materializar obxectos sinxelos mediante impresión 3D e/ou cortadora láser. Valorar de forma crítica as achegas destas novas tecnoloxías á sociedade.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)