Saltar navegación

3. Guía de uso

Unha paradiña antes de comezar

O REA “Viaje programado” ten como finalidade iniciar ao alumnado na interpretación e deseño de solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa, así como inicialo na programación dunha aplicación sinxela empregando os elementos de programación dun modo axeitado.

Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA,  presentado diferentes versións da información de xeito que diversificamos o acceso á mesma en diferentes formatos e niveis, tentando chegar ó maior número de realidades individuais de noso alumnado.
Cabe indicar que a aprendizaxe e coñecemento por parte do alumnado da aplicacións Scratch, coa que deberán completar o reto, está baseada na presentación dos elementos e funcións dos distintos bloques e un posterior entrenamento ou simulación dunha aplicación real. Procúrase deste xeito que o alumnado poida visualizar e comprobar a utilidade das instrucións de cada bloque en situacións reais, que logo deberán reproducir nos seus minixogos. 

Indicar tamén que non existe un camiño único ou fixo que o alumnado deba seguir para achegarse aos contidos de programación e ao manexo da aplicación Scratch. Máis ben todo o contrario, polo que o alumnado pode ir descubrindo os diferentes bloques e probar o seu funcionamento en función dos seus intereses. Poderá ir avanzando nos seus coñecementos de programación e retrocedendo cando teña dúbidas ou atope dificultades que lle impidan continuar.
Na elaboración deste recurso estableceuse unha organización que, por unha banda afonda nos diferentes bloques para o seu coñecemento preciso e, por outra, afonda en tipoloxías de videoxogos que aportan abundante exemplificación de programas realizados con Scratch.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)