Saltar navegación

1. Descrición xeral

Viaje programado

Este REA (Recurso Educativo Aberto) ofrece ao alumando un primeiro achegamento á programación e introduce aos estudantes na solución de problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, así como a súa posterior tradución nunha aplicación sinxela mediante unha linguaxe de programación.

O REA contextualízase nunha situación de aprendizaxe que ofrece ao alumnado o reto de deseñar e programar un xogo composto de pequenos xogos empregando a metodoloxía propia do método de proxectos. A situación de aprendizaxe: repasa as licenzas de autor e a diferenza entre os formatos de debuxo vectorial e mapa de bits; estuda o concepto de algoritmo e a súa representación en forma de diagrama de fluxo; e introduce ao alumnado á programación de forma práctica empregando Scratch como linguaxe de programación por bloques.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo.
  2. Programar aplicacións sinxelas empregando os elementos de programación estruturada.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)