Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO está formada por un total de sete REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 03/07/2024), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela.

O REA "Viaje programado" é número 6 e correspóndese coa unidade didáctica 6: "Programación".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "La tecnología da mucho juego"

1. Tecnoloxía, deseño e fabricación.

CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4.1, CA2.4.2 17 1º Trimestre
REA 2: "Sin miedo a hacer clic" 2. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico. CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 5 1º Trimestre
REA 3: "¡Cómo está el patio!" 3. Proxecto de estruturas. CA1.1, CA1.1.1, CA2.1, CA2.1.1, CA2.2, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1, CA3.1.2, CA5.1, CA5.1.1, CA5.3, CA5.3.2 16 1º Trimestre
REA 4: "Un parque animado" 4. Proxecto de mecanismos. CA1.1, CA1.1.2, CA2.1, CA2.1.2, CA2.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.1, CA3.1.4, CA5.1, CA5.1.2, CA5.3, CA5.3.3 16 2º Trimestre
REA 5: "La magia de la electricidad" 5. Proxecto de electricidade. CA1.1, CA1.1.3, CA2.1, CA2.1.3, CA2.2, CA2.2.3, CA3.1, CA3.1.6, CA5.1, CA5.1.3, CA5.3, CA5.3.4 16 2º Trimestre
REA 6: "Viaje programado" 6. Programación. CA4.1, CA4.2 16 3º Trimestre
REA 7: "¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula" 7. Sistemas de control e robots. CA3.2, CA3.2.2, CA4.3, CA5.1, CA5.1.4, CA5.3, CA5.3.5 14 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixos da materia "Tecnoloxía e dixitalización" de 1º da ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Introdución do pensamento computacional no proceso de aprendizaxe.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos do desenvolvemento sostible (ODS) e súa conexión co mundo real.
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e dixitalización" de 1º da ESO, contextualízase na unidade didáctica 6: "Programación".

O recurso englóbase fundamentalmente no bloque de contidos "4. Programación, control e robótica"

Abarca o proceso de descrición, interpretación e deseño de solucións a problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, así como a programación de aplicacións sinxelas.

Contidos Bloque da materia
  • Algorítmica e diagramas de fluxo.
  • Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador.
  • Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque 4

Este recurso céntrase principalmente no seguinte obxectivo da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control e robótica

A continuación inclúense as competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia plurilingüe (CP) CP2
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM3

Competencia dixital (CD) CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA5
Competencia emprendedora (CE) CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)