Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

A proposta cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO está formada por un total de sete REA. Cada un deles desenvolve íntegramente unha unidade didáctica da programación modelo de Proens (versión 1 do 03/07/2024), mantendo a secuencia e a temporalización previstas nela.

O REA "Sin miedo a hacer clic" é número 2 e correspóndese coa unidade didáctica 2: "Utilización das TIC no proceso tecnolóxico".

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "La tecnología da mucho juego"

1. Tecnoloxía, deseño e fabricación.

CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.4.1, CA2.4.2 17 1º Trimestre
REA 2: "Sin miedo a hacer clic" 2. Utilización das TIC no proceso tecnolóxico. CA1.1.1, CA2.1.1, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1.1, CA3.1.2, CA5.1.1, CA5.3.1 5 1º Trimestre
REA 3: "¡Cómo está el patio!" 3. Proxecto de estruturas. CA1.1, CA1.1.1, CA2.1, CA2.1.1, CA2.2, CA2.2.1, CA2.3, CA2.3.1, CA3.1, CA3.1.2, CA5.1, CA5.1.1, CA5.3, CA5.3.2 16 1º Trimestre
REA 4: "Un parque animado" 4. Proxecto de mecanismos. CA1.1, CA1.1.2, CA2.1, CA2.1.2, CA2.2, CA2.2.2, CA2.3.2, CA3.1, CA3.1.4, CA5.1, CA5.1.2, CA5.3, CA5.3.3 16 2º Trimestre
REA 5: "La magia de la electricidad" 5. Proxecto de electricidade. CA1.1, CA1.1.3, CA2.1, CA2.1.3, CA2.2, CA2.2.3, CA3.1, CA3.1.6, CA5.1, CA5.1.3, CA5.3, CA5.3.4 16 2º Trimestre
REA 6: "Viaje programado" 6. Programación. CA4.1, CA4.2 16 3º Trimestre
REA 7: "¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula" 7. Sistemas de control e robots. CA3.2, CA3.2.2, CA4.3, CA5.1, CA5.1.4, CA5.3, CA5.3.5 14 3º Trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Tecnoloxía e Dixitalización" de 1º de ESO:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Incorporación das tecnoloxías dixitais nos procesos de aprendizaxe, na natureza interdisciplinaria propia da tecnoloxía.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real. En concreto co ODS4  (educación de calidade) potenciando a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos precisos para promover o desenvolvemento sostible e co ODS10, en relacionado coa redución das desigualdades, independentemente da idade ou calquera outra circunstancia persoal.
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación, o desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Na programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Tecnoloxía e Dixitalización" de 1º de ESO, este REA contextualízase na segunda unidade didáctica "Utilización das TIC no proceso tecnolóxico". Atópase no inicio do desenvolvemento do currículo para que o alumnado adquira as habilidades, destrezas e coñecementos necesarios no manexo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación e poder aplicalas nas seguintes unidades didácticas nas diferentes fases do proceso tecnolóxico.

O recurso englóbase no Bloque de contido "5. Documentación e comunicación dixital" onde, en conxunto con outros criterios de aprendizaxe traballados en outras unidades, o alumnado aprenderá a elaborar a documentación dos proxectos técnicos levados a cabo no taller. 

Contidos Bloque da materia
  • Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual, etiqueta dixital.
  • Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.
  • Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.
  • Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
  • Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
  • Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.
  • Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.
  • Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).
Bloque 5

Débese ter claro que o desenvolvemento deste bloque da materia non pode entenderse de maneira illada, senón que o seu tratamento debe ser integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados, que se presentan diferenciados entre si co obxectivo de darlles unha especial relevancia á resolución de problemas, á dixitalización e á seguridade no manexo de dispositivos dixitais debendo desenvolverse vinculados.

Deste xeito, este recurso trátase de xeito transversal nos cinco bloques, centrándose con especial intensidade nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivo Descrición
OBX 6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia Plurilingüe (CP) CP2
Competencia dixital (CD) CD2, CD4, CD5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA4, CPSAA5

Feito con eXeLearning (Nova xanela)