Saltar navegación

1. Descrición xeral

Sin miedo a hacer clic

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) para iniciar ao alumnado de 1º de Ensino Secundario Obrigatorio no manexo correcto e seguro das Tecnoloxías da información e a Comunicación (TIC). Ao longo da situación de aprendizaxe (SA) presentada, o alumnado explora o hardware e diferente software que utilizará para a creación de documentos informativos (dípticos, trípticos ou infografías) sobre ciberseguridade. Aprende a protexer os equipos, os datos e a información persoal, ademais de respectar as normas de etiqueta dixital e os dereitos de autoría.

Nesta SA o alumnado deberá crear unha campaña informativa, dirixida principalmente a alumnado de Primaria e persoas maiores, para axudarlles no manexo de dispositivos dixitais, informarlles dos principais riscos e ameazas e como protexerse fronte a  eles. Os equipos de traballo deberán obter dúas temáticas para deseñar o seu documento informativo mediante a resolución de desafíos sobre ciberseguridade. Posteriormente, procederán á resolución do reto mediante á elaboración de dous documentos informativos, un deles destinado ao alumnado de Educación Primaria e outro ás persoas maiores, respectado os dereitos de autoría, organizando correctamente as imaxes necesarias en cartafoles e coa posibilidade de engadir outros elementos como un código QR ou imaxes xeradas con intelixencia artificial. Finalmente, deberán poñerse en contacto coas institucións obxecto da campaña informativa, a través de correo electrónico, respectando as normas de etiqueta dixital.

Nesta SA adquírense coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para elaborar a documentación do proceso tecnolóxico.

As metas de aprendizaxe a acadar neste REA son as seguintes: 

  • Diferenciar hardware e software, identificando os compoñentes dos dispositivos dixitais e resolvendo problemas técnicos básicos.
  • Manexar correctamente as ferramentas e plataformas de aprendizaxe.
  • Recoñecer os dereitos de autoría e as licenzas de uso de recursos dixitais, respectando a propiedade intelectual das imaxes utilizadas.
  • Aplicar as normas de etiqueta dixital ao redactar un correo electrónico.
  • Organizar e almacenar correctamente a información, utilizando cartafois e protexendo os datos necesarios na elaboración dos documentos para a súa campaña.
  • Recoñecer os posibles riscos, ameazas e ataques ao navegar por Internet.
  • Aplicar as principais medidas de protección dixital e trasladalas á túa contorna próxima.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)