Y al final, ¡el Faro!

Visto: 231 veces
Votos
Media: 5 (5 votos)

28/08/2025

Portada do REA8 para a materia de Matemáticas de 2º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe traslada o alumnado a un contexto mariñeiro e patrimonial: o estudo dos faros como elementos de navegación e como exemplos de aplicación da xeometría no espazo. O REA céntrase nos sentidos espacial e socioafectivo do currículo de 2º de ESO, mediante a análise das formas xeométricas presentes nos faros reais (cilindros, conos, troncos de cono, prismas). As alumnas e os alumnos aprenderán a identificar corpos xeométricos compostos, calcular áreas e volumes das súas partes, e representar graficamente estes elementos mediante debuxos técnicos ou maquetas.

O reto consiste no deseño e construción da maqueta dun faro, aplicando os conceptos xeométricos traballados ao longo do REA. Cada equipo deberá analizar as formas xeométricas presentes en faros reais, calcular as áreas e volumes das distintas partes da súa proposta, e elaborar unha representación gráfica e manipulativa do proxecto. O alumnado explicará oralmente as decisións de deseño, xustificando os cálculos realizados e reflexionando sobre a aplicación da xeometría na arquitectura e na enxeñaría.

Guía didáctica

Y al final, ¡el Faro!

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (5 votos)
2025-08-28
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego