Ti si que vales!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Este REA englóbase nunha situación de aprendizaxe que propón un reto, que consiste en organizar un concurso de habilidades motrices e artístico expresivas que reforcen a autoestima, a desinhibición e o traballo en equipo. A maiores, o alumnado poderá formar parte do mesmo e presentar ante o público do instituto as súas actuacións.