Robótica musical: 1 Introdución
A finalidade desta proposta educativa é achegarnos tanto á creación musical como á robótica dun xeito diferente, fundindo a experimentación sonora coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas, conxunto de coñecementos que no mundo anglosaxón se coñece como STEM.
O obxectivo é explicar as diferentes posibilidades que temos á hora de imaxinar e desenvolver instrumentos musicais mecánicos que se poidan programar e controlar usando un ordenador mediante o software Pure Data e unha placa electrónica de hardware libre tipo Arduino.
- Introdución
- Configuración e nocións básicas
- Secuencias musicais e movemento
- Creando a nosa orquestra autómata.