Quen é quen?
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.
Este REA céntrase na adquisición dos contidos relacionados coa expresión de vivencias persoais: as experiencias persoais nos textos escritos (diarios, biografías, descricións de persoas); o verbo, a raíz e desinencias; uso de "b" e "v".
Para poder traballar aspectos curriculares propios da materia, este REA contextualízase nunha situación real de aprendizaxe na cal o alumnado terá que crear diferentes xogos para a interacción. No reto final pódense publicar estes xogos para a comunidade educativa ou para a localidade propia do alumnado.