Outeiro do byte
Situarse nas redes. Secuencia didáctica de comunicación dixital para a cidadanía electrónica. O presente Obxecto Dixital Educativo (ODE) achega unha serie de actividades e tarefas que se desenvolven nunha cidade ficticia onde o alumnado tratará de conseguir un carné de cidadanía dixital a partir da superación de diversas probas. A secuencia formativa consta de tres escenarios distintos: o primeiro escenario reúne unha serie de actividades de análise e serán identificadas como tarefas de observatorio. As aprendizaxes neste escenario son fundamentalmente de identificación e aplicación e serven tamén como lugar de aprendizaxe de conceptos máis teóricos. O segundo escenario, laboratorio, implica unha maior experimentación e as actividades previstas inclúen certo tipo de procedementos interactivos no que o alumando ten que adoptar un máis rol activo e esixen un maior compoñente interpretativo; a intención deste escenario e reunir todas aquelas actuacións nas que se participa pero dentro dunhas marxes limitadas e predeseñadas. O último escenario, obradoiro, reúne as actividades máis creativas e de produción máis aberta. De xeito adicional, o deseño do itinerario inclúe unha serie de tarefas complementarias.