Visto: 639 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)

03/03/2025

Imaxe da portada do REA 1 de Música e Danza de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 3- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música e Danza de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe céntrase na muiñeira como expresión identitaria do patrimonio cultural galego. O alumnado percorrerá o Camiño de Santiago acompañado por Remi, un personaxe ao que lle gusta descubrir a riqueza musical de todo o mundo. Trabállanse conceptos musicais básicos (figuras, ritmo de alborada, compases, puntiño), aprendizaxe técnica coa frauta doce, identificación dos instrumentos tradicionais que acompañan a muiñeira e práctica dos pasos de danza.

O reto final é a organización e interpretación grupal dunha muiñeira no marco dunha foliada celebrada para conmemorar o Magosto ou o Samaín. Cada equipo deberá demostrar o dominio dos pasos básicos da danza, a execución correcta das melodías coa frauta doce ou con outros instrumentos, e a coordinación rítmica e espacial do grupo.

Guía didáctica

Muiñeiramos!

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)
2025-03-03
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego