Saltar navegación

4. Reto final: Muiñeiramos!

 

Glosario

Ballet

Parella de bailaríns de ballet

Definición:

O ballet, tamén chamado danza clásica, é unha disciplina dancística na que as bailarinas e bailaríns precisan ter moito dominio e control do seu corpo. Todas as coreografías están moi planificadas e normalmente as persoas que o bailan comezan a aprender en idades moi temperáns debido á súa dificultade.

Exemplo:

Fomos ao teatro ver o ballet de Tchaikovsky O Lago dos cisnes.

Crioulo

Escravos africanos

Definición:

Persoa cuxos pais son europeos ou africanos, pero foron nacidas en antigos territorios españois de América.

Exemplo:

En Arxentina hai un grupo de baile tradicional galego integrado na súa totalidade por crioulos.

Paseo

Grupo bailando tradicional

Definición:

Elementos de enlace entre as partes no baile. Consisten nun descanso despois do punto, coincidente co retrouso da peza.

Exemplo:

Na muiñeira temos que facer dous paseos.

Punto

Bailarinas traxe tradicional

Definición:

Combinación de movementos, voltas, saltos e desprazamentos, que cada bailador ou bailadora amosa e que todas e todos tratarán de imitar.

Exemplo:

O bailador sacou un punto.

Ritual

Ritual exipcio

Definición:

Dise do conxunto de normas impostas na realización de cerimonias relixiosas.

Exemplo:

A misa é un ritual católico relixioso.

Roda

Grupo bailando en Roda

Definición:

Parte da muiñeira onde un grupo de bailarinas e bailaríns configura un círculo que xira en sentido antihorario ata volver á posición inicial para poder comezar o paseo ou o punto. Esta forma imita o movemento da pedra do muíño e, de aí, se extrae o concepto de muiñeira.

Exemplo:

Ao final da muiñeira facemos unha roda.

Subsahariana/o

Mapa rexión africana do Sur do Sahara

Definición:

Persoa nacida na zona africana situada ao sur do deserto do Sáhara.

Exemplo:

Temos unha compañeira subsahariana.

Zapateado

Pes de bailadora zapateando

Definición:

Golpes que se producen ao petar cos pes calzados contra o chan. Hai algúns bailes, como o flamenco, que o incorporan aos seus movementos.

Exemplo:

A bailadora daba palmas coas mans mentres facía zapateados.

Grupo bailando tradicional

Desde Padrón tiramos cara a Santiago de Compostela.

Paramos para descansar un pouco no Monte do Gozo, chamado así porque era o primeiro lugar no que se podía ver, ao lonxe, as torres da catedral de Santiago.

O Monte do Gozo parece bo lugar para practicar os pasos da danza. Animádesvos?

Unha vez en Santiago, logo de visitar a Catedral, onde nos paramos un tempiño observando o Pórtico da Gloria, podemos desfrutar na nosa foliada bailando a Muiñeira de Lugo.

Dentro música. Danzamos a muiñeira!

Lectura facilitada

A última etapa do Camiño parte de Padrón con chegada en Santiago de Compostela.

No Monte do Gozo facemos o último ensaio do baile da Muiñeira de Lugo.

Visitamos Santiago, en especial a Catedral. Contemplamos o Pórtico da Gloria no interior da Catedral.

Facemos a nosa foliada: danzamos a muiñeira!

Elementos da muiñeira: puntos, paseos e roda.

Cando Remi coñeceu a Artur propúxose aprender os elementos dunha muiñeira para poder poñelos en práctica e bailar no Magosto. A música púxoa Silva Redonda, o cuarteto co que estivestes traballando, así que xa os coñecedes. As gaitas, tamboril e bombo farán que comecedes a saltar e a sacar puntos coa Muiñeira de Lugo.

O reto consiste en ser capaz de imitar a Artur en cada elemento da muiñeira. Este baile tradicional toma o seu nome do muíño, lugar onde se ía moer o gran. Pasaban longas horas de traballo que amenizaban con música e baile, imitando o movemento da moa, a pedra que moe o millo, que xira co paso da auga. Así pois, a muiñeira tamén ten un elemento de transición que consiste en facer unha roda.


A muiñeira consta de tres elementos bailados moi diferenciados:

  • Puntos: pasos elaborados.
  • Paseos: movementos para descanso que se realizan lateralmente.
  • Rodas: partes de transición onde se xira en círculo antihorario.


Aquí quedades con Artur, a ver cantos/as sodes capaces de seguirlle o ritmo nestes tres bloques para acadar o reto de bailar a Muiñeira de Lugo.

Puntos

Esta correspóndese coa parte máis creativa do baile, onde cada bailador ou bailadora amosa unha combinación de movementos, voltas, saltos e desprazamentos que todas e todos os demais bailaríns tratarán de imitar da mellor maneira, seguindo a música e os movementos da persoa que “saca” o punto, é dicir, que ensina o punto.

Estes acostuman facerse en parella e bailando en espello como xa fixemos ao inicio da unidade, co cal, agarrade a vosa parella de baile.

Elemento adiante atrás

Elemento tacón, punta, tacón

Elemento marcho da casa

Elemento un, dous, tres

Elemento un, dous, tres adiante

 

Elemento palmadas




Combinación de puntos 

Combinamos: Adiante, atrás, adiante - Tacón, punta, tacón 






Combinamos: Adiante, atrás, adiante - Un, dous, tres

Combinamos: Adiante, atrás, adiante - Patada desprazada

Combinamos: Adiante, atrás, adiante - Palmadas

 

Combinamos: Adiante, atrás, adiante - Variante: Volta

Paseos

Os paseos son os elementos de enlace entre as partes no baile. Consisten nun descanso despois do punto, coincidente co retrouso da peza onde os bailaríns realizan un movemento en espello mentres se pensa o seguinte punto para sacar. Adoita facerse en parellas enfrontadas e realízase sobre un movemento lateral que inclúe elementos de baile para darlle maior realce e lucimento.

Tamén se pode configurar cun movemento de tablón. Consiste en describir dúas filas de persoas enfrontadas que xiran sobre o centro da mesma, conseguindo un movemento de aspa durante a execución do paseo.

Deste xeito os paseos para a nosa Muiñeira de Lugo quedan da seguinte maneira:

Inicio Paseo con piso patada

Explicación didáctica: Inicio Paseo con patada

Baile: Inicio paseo con patada

Paseo un dous tres saltado

Explicación didáctica: Paseo un dos tres saltado

Baile: Paseo un dos tres saltado

Paseo con 3 piso patada 

Explicación didáctica: Paseo con 3 piso patada 

Baile: Paseo con 3 piso patada 

Paseo combinando piso-patada e un dous tres

Explicación didáctica: Paseo combinando piso-patada e un dous tres

     Baile: Paseo combinando piso-patada e un dous tres.            

Paseo combinando 3 un dous tres

Explicación didáctica: Paseo combinando 3 un dous tres

    Baile: Paseo combinando piso-patada e un dous tres

Roda

Na roda, o grupo de bailarinas e bailaríns configura un círculo que xira en sentido antihorario ata volver á posición inicial para poder comezar o paseo ou o punto, segundo se desexe por parte dos danzantes. Esta roda imita o movemento da pedra do muíño, e de aí se extrae o concepto de muiñeira. A muiñeira é unha peza, orixinariamente interpretada con voz e pandeireta cunha estrutura de copla, retrouso e la la, na que se incorporaban estes tres elementos: punto, paseo e roda.

Rematamos entón coa roda, que consiste en seguir ás e aos danzantes nunha transición de posición configurando un círculo que xira en dirección antihoraria e durante esta transición incorpóranse elementos de baile, ao igual que nos paseos, para darlle maior lucimento. Ademais este movemento pode producirse de costas ás/aos participantes ou de fronte.

Aquí están as propostas de Artur.

Elemento Introdución á roda

Elemento paso de vasco roda

A Muiñeira de Lugo

Presentamos a Muiñeira de Lugo completa, unha con paseos e outra con roda e paseos. Agora tócavos a vós practicar moito para cando chegue o Magosto.

Brazos arriba


Muiñeira de Lugo con paseo


Muiñeira de Lugo con roda e paseo


Reflexión grupal

Remi dicindo adeus

Despois de bailar a Muiñeira de Lugo, imos reflexionar:

  • Como foi o proceso?
  • Dificultades atopadas.
  • Valoración do resultado final.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)