Minuexas ou Branlexas?

Visto: 301 veces
Votos
Media: 5 (6 votos)

01/03/2025

Imaxe da portada do REA 2 de Música e Danza de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 3- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música e Danza de 5º de Educación Primaria.

O alumnado sitúase nun contexto de viaxe no tempo para coñecer e practicar a música e a danza históricas, centrándose no minueto e o branle como expresións culturais da súa época. A situación de aprendizaxe presenta a Maruxa e Brais, dous irmáns que viaxan ao pasado e teñen que organizar unha festa nas ruínas dun antigo pazo do seu pobo. O alumnado practica a improvisación melódica, a edición de partituras e a coordinación grupal, desenvolvendo competencias artísticas, sociais e de traballo en equipo.

O reto final consiste na interpretación grupal e presentación pública dun branle e un minueto no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller. Cada equipo deberá demostrar o dominio dos pasos básicos (roda para o branle, parella para o minueto), a comprensión dos elementos musicais implicados e a capacidade de coordinación colectiva.

Guía didáctica

Minuexas ou Branlexas?

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (6 votos)
2025-03-01
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego