La gran aventura decimal
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe consiste na planificación dunha viaxe ou excursión. O alumnado traballará os números decimais e as súas operacións, o valor posicional das cifras decimais (décimas, centésimas, milésimas), a ordenación e comparación de cantidades, e a aplicación de sumas, restas, multiplicacións e divisións con decimais en contextos monetarios. Intégranse tamén habilidades de estimación, aproximación e resolución de problemas relacionados con gastos compartidos e cálculo de custos.
O reto consiste en deseñar e orzar unha proposta de viaxe ou excursión para o grupo-clase. Cada equipo deberá investigar destinos, calcular prezos de transporte, aloxamento e actividades, e presentar un orzamento detallado utilizando números decimais. O produto final incluirá unha memoria escrita, representacións gráficas dos custos e unha exposición oral na cal se xustifiquen as decisións económicas tomadas.