Visto: 368 veces
Votos
Media: 5 (7 votos)

26/03/2025

Imaxe da portada do REA 8 de Educación Física de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe propón unha intervención na contorna do colexio para crear e divulgar unha ruta saudable e respectuosa co medio natural. Mediante saídas programadas e actividades de indagación na contorna próxima, as alumnas e os alumnos aprenderán a identificar contextos de risco, aplicar medidas de seguridade, planificar itinerarios lúdicos e poñer en valor elementos de interese da ruta. Trátanse conceptos como a orientación deportiva, a clasificación dos deportes, a prevención de riscos, os primeiros auxilios, o uso de plataformas interactivas e a educación viaria.

O reto consiste na creación e divulgación dunha ruta cos criterios PASEA (Práctica, Accesible, Segura, Ecosostible e Amena). O alumnado invitará a coñecer a ruta a outros grupos do colexio e actuará como guía e dinamizador de actividades na contorna natural e/ou urbana.

Guía didáctica

En marcha

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (7 votos)
2025-03-26
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego