PASEAr
A misión consiste en invitar a outros nenos e nenas do cole a visitar a nosa ruta.
Durante o percorrido teredes que facer de guías e asumir algunhas funcións.
Aínda que cada equipo ten a súa responsabilidade principal, todos e todas tedes que axudar nesta misión. Por exemplo o equipo Animación organizará as actividades pero o resto dos equipos debe colaborar no desenvolvemento das actividades.
Equipo Información.
Tedes que facilitar datos sobre a ruta como a distancia, o percorrido e os tempos.
Tamén sodes o equipo encargado de recoller a valoración da actividade.
Documento para que as persoas visitantes opinen a marcha (Nova xanela).
O mesmo documento en formato de edición.
Cando remate a marcha, tedes que preguntar a 20 das persoas que participaron pola súa opinión sobre os aspectos que aparecen na enquisa. As respostas serán moi útiles para analizar a actividade.
Tamén podedes recoller a valoración da actividade mediante un formulario en Internet, pero tedes que preparalo antes nalgunha plataforma á que teñades acceso, como por exemplo AbalarBox, e explicar ben ás nenas e nenos como se utiliza. Tede en conta que a enquisa online a terán que cubrir outro día xa no cole.
Levade o mapa e un compás porque sodes os responsables de explicar ás persoas visitantes como se utiliza o mapa e o compás.
Equipo Seguridade.
Sodes o equipo responsable de revisar o equipamento, que non falten elementos imprescindibles como unha gorra ou auga. Pero destas cousas xa sabedes moito!
Tamén tedes a función de controlar a seguridade nos lugares de precaución. Explicade cal é o motivo da precaución e a mellor forma de actuar.
Durante o percorrido, teredes que estar atentos e atentas aos comportamentos inadecuados das persoas visitantes.
Equipo Observación.
As vosas responsabilidades serán:
- Explicar os puntos de interese.
- Vixiar para reducir o impacto ambiental: non molestar aos animais cun nivel sonoro alto, avisar no caso de tirar lixo, evitar que se produzan estragos no medio natural.
Equipo Animación.
Teredes a función de organizar actividades divertidas durante a marcha.
Non esquezades levar todo o material que se necesita para organizar as actividades.
Lectura facilitada
A misión consiste en invitar a outros nenos e nenas do cole a visitar a nosa ruta.
Durante o percorrido, teredes que facer de guías e asumir algunhas funcións.
Aínda que cada equipo ten a súa responsabilidade principal,
todos e todas tedes que axudar nesta misión.
Por exemplo, o Equipo Animación organizará as actividades
pero o resto dos equipos debe colaborar no desenvolvemento das actividades.
Equipo Información.
Tedes que facilitar datos sobre a ruta como a distancia, o percorrido e os tempos.
Tamén sodes o equipo encargado de recoller a valoración da actividade.
Documento para que as persoas visitantes opinen a marcha (Nova xanela).
O mesmo documento en formato de edición.
Cando remate a marcha tedes que preguntar a 20 das persoas
pola súa opinión sobre o que pon na enquisa.
As respostas serán moi útiles para saber se a actividade foi ben.
Levade o mapa e un compás porque sodes os responsables de explicar
ás persoas visitantes como se utiliza o mapa e o compás.
Equipo Seguridade.
Sodes o equipo responsable de revisar o equipamento,
tedes que comprobar que levan o necesario.
Tamén tedes a función de controlar a seguridade nos lugares de precaución.
Explicade cal é o motivo da precaución e a mellor forma de actuar.
Durante o percorrido, teredes que estar atentos e atentas
aos comportamentos inadecuados das persoas visitantes.
Equipo Observación.
As vosas responsabilidades serán:
Explicar os puntos de interese.
Vixiar para reducir o impacto ambiental.
Equipo Animación.
Teredes a función de organizar actividades divertidas durante a marcha.
Non esquezades levar todo o material que se necesita para organizar as actividades.