Así se hace ciencia
Esta é a unidade 1 dun conxunto de catro ODE que forman o proxecto Baixo a lupa da ciencia. A súa secuencia de materiais está deseñada para desenvolver contidos da materia de física e química, dirixidos principalmente para o nivel de 4º ESO.
Os contidos deste ODE están estruturados en torno á temática do traballo científico, mediante a aplicación do método científico a través dun proxecto de investigación, e mediante o coñecemento de outras ferramentas que fan posible facer ciencia, como as fontes de información e os materiais de laboratorio. Preténdese con este ODE tanto a aprendizaxe de contidos curriculares como a aprendizaxe de destrezas de traballo transversais: planificación, organización, traballo en equipo, tratamento da información....
Os contidos traballados son:
- O método científico e as súas etapas.
- Elaboración de hipóteses.
- Fontes de información fiables e a desinformación.
- Os instrumentos de laboratorio e os seus usos.
- Seguridade no laboratorio: normas e pictogramas.
- Valoración da cultura científica y da contribución dalgunas figuras científicas.
- Elaboración dun proxecto en grupos.