O método científico
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
OD1. O método científico
Obxectivos
- Achegar ao alumnado ao traballo dos científicos.
- Comprender cal é o camiño a través do cal vai medrando a ciencia.
- Coñecer algúns procedementos científicos para determinar diferentes magnitudes.
- Entender os diferentes tipos de medición de magnitudes e a necesidade do uso de unidades nas mesmas.
- Recoñecer algúns dos materiais e instrumentos básicos presentes nos laboratorios.
- Aprender a respectar as normas de seguridade no laboratorio e o tratamento e eliminación dalgúns dos residuos xerados.
Breve resumo
Os avances científicos dos que desfrutamos na actualidade son froito do traballo ao longo dos anos de moita xente que coa súa curiosidade e tenacidade foi construíndo ciencia.
Nesta unidade faremos unha aproximación a este importante traballo, e veremos como paso a paso se foron escalando chanzos coma o establecemento dun sistema de medidas, materiais de laboratorio axeitados, ou un método a seguir nas investigacións.