Cortocircuito informativo
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 - dun total de 6 - elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Física e Química de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o tratamento da información enerxética nos medios de comunicación. Cun enfoque competencial, o alumnado investiga, analiza e aplica de forma práctica os conceptos fundamentais da enerxía, as súas transferencias e o seu impacto socioambiental.
No reto proposto, o alumnado creará un artigo de prensa de investigación, analizando as transferencias de enerxía, a súa eficiencia e o seu impacto ambiental, desde unha perspectiva global e sostible. Os produtos finais, o artigo xornalístico e a súa ficha de proceso, utilizaranse para a divulgación científica e a concienciación da comunidade educativa.