¡Extra, extra!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 —dun total de 6— elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Nesta situación de aprendizaxe, a aula convértese na redacción dun xornal ou dunha revista, co obxectivo de que o alumnado comprenda e produza textos literarios e non literarios, facendo un uso inclusivo da linguaxe, aplicando correctamente os signos de puntuación e utilizando Internet como fonte de información contrastada e crítica.
O reto propón a edición e publicación da revista escolar anual, contando coa proximidade a efemérides literarias (Día da Poesía, 21 marzo e Día do Libro, 23 abril) e completándose coa produción de textos de diversa índole como memoria escolar do presente curso.