Pensar, gobernar e crear: a Ilustración e o Século das Luces
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5, dun total de 6, elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 3.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe céntrase na análise, interpretación e difusión de contidos históricos e artísticos relacionados co Antigo Réxime, a Ilustración e os cambios políticos, sociais e culturais da época, con especial atención á arte (do rococó ao Romanticismo) e á figura de Goya.
O alumnado terá como reto crear un museo itinerante mediante diferentes produtos finais, escollendo entre varias opcións como a elaboración dun panel biográfico, a análise dunha obra artística ou a creación dunha obra propia. Estes produtos permitirán explicar e difundir os cambios do Antigo Réxime e as características dos estilos artísticos traballados.