Cocinando historias
Este é o REA número 3 —dun total de 6— da materia de Lingua Castelá e Literatura de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe converte ao alumnado en cociñeiros e cociñeiras de historias, co obxectivo de preparar un gran banquete. Para iso, utilizarán os ingredientes necesarios para crear textos narrativos, coñecendo as súas características e elementos.
O reto consiste en “cociñar historias” que o alumnado contará en residencias da terceira idade, centros de día… co fin de combater a soidade non desexada, propoñendo unha aprendizaxe-servizo.